Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

De trincheira imperial da Monarquía Hispánica a berce da Europa sen barreiras
Na miña recente viaxe a Luxemburgo achegueime a Schengen para pasear polas súas rúas e desfrutar da ribeira do Mosela. Confeso que me atrapou por completo o seu significado histórico e o cegador paradoxo desta paraxe luxemburguesa situada na confluencia de tres países -Luxemburgo, Francia e Alemaña- abrazados polas augas do río.
Schengen esténdese ao carón da canle de Mosela, mentres que na beira oposta álzanse Perl (en Alemaña) e Apach (en Francia). Schengen é unha pequena aldea vinícola, de apenas 500 habitantes, situada a 38 km ao sueste da Cidade de Luxemburgo, cun peso histórico que transcende dabondo as súas fronteiras xeográficas.
Pola súa banda, Perl concentra a zona residencial da zona cuns 2.200 habitantes, actuando como o gran centro comercial fronteirizo. Finalmente, Apach, con aproximadamente 1.000 habitantes, é a primeira vila da rexión de Lorena e funciona como un dormitorio transfronteirizo, xa que gran parte da súa poboación se despraza a diario para traballar en Luxemburgo ou Alemaña. Moito antes de que Schengen se convertese no símbolo global da libre circulación e no berce da Europa sen fronteiras que hoxe habitamos, non era nin moito menos un espazo de unión e de concordia, senón un enclave de disputas rexionais e de interminables guerras europeas. Séculos atrás, baixo o dominio da Coroa Española nos Países Baixos, estas mesmas terras do Mosela formaban parte dun escenario militar e xeopolítico onde os límites fronteirizos se marcaban mediante violentos enfrontamentos.

Durante os séculos XVI e XVII, o Imperio Español baixo o mandato dos Austrias (Habsburgo) -desde Carlos I ata Carlos II “o Enfeitizado”-, foi o soberano do territorio onde hoxe se atopa Schengen. Toda a rexión do Mosela formaba parte do Camiño Español, o roteiro militar polo que os terzos marchaban desde o norte de Italia ata Flandes. Schengen era un enclave fundamental para os terzos españois que combateron de forma recorrente aos exércitos franceses e ás ambicións expansionistas dos principados do Sacro Imperio Romano Xermánico. A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) e a Guerra Franco-Española (1635-1659) converteron a zona nun escenario constante de conflito. E o Mosela, en lugar de unir as beiras, servía como barreira defensiva para controlar o paso fronteirizo.
A porta de Europa
Visitar Schengen a pasada fin de semana foi para min un exercicio de memoria histórica, porque resulta un contraste fascinante que un recuncho marcado por un pasado de guerras e fronteiras tan vixiadas sexa hoxe a bandeira do maior espazo de libre circulación do planeta. Schengen demostra que a grandeza dun lugar non se mide pola súa superficie, polos seus monumentos nin polo seu censo. Non lle fixo falta a esta pequena aldea a elegancia de París, o ímpeto de Berlín nin o dominio territorial da España imperial, sobroulle con habitar ese cruzamento de camiños onde conflúen Luxemburgo, Francia e Alemaña, as tres capas que configuran a parede dese corazón xeográfico sen fronteiras. Transformar un antigo escenario de división e guerras no berce da unidade foi un acto extraordinario de diplomacia política e a maior utopía da liberdade europea.

Schengen actuou como unha pequena bisagra permitindo que a gran porta de Europa se abrise por completo facendo posible o libre tránsito por todo o continente. Por iso hoxe, cando cruzamos unha fronteira sen deternos ou cando camiñamos dun país a outro con total liberdade, estamos a render tributo a unha lección memorable e transformadora. E Schengen lémbranos que non fai falta ser un xigante para cambiar o curso da historia, é suficiente ter a valentía de abrir a porta aos demais.
A elección desta pequena aldea foi un poderoso golpe de efecto político. Desmantelar os controis fixos nas fronteiras interiores de Europa comezaría precisamente en Schengen, onde as potencias do continente chocaran durante xeracións. E así o que naceu como un atrevido ensaio piloto entre cinco nación, cobrou con rapidez un impulso imparable en toda Europa. España, que séculos atrás custodiara militarmente estes mesmos enclaves, ratificou a súa adhesión ao Acordo de Schengen en 1991, integrándose plenamente na liberdade de movemento en 1995 e pechando así un círculo histórico singular.
Etapas do acordo
Foi necesario, evidentemente, dar un salto de tres séculos para que a xeopolítica desta zona cambiase por completo. O 14 de xuño de 1985, os secretarios representantes dos Estado de Francia, Alemaña Occidental e as tres nacións do Benelux reuníronse a bordo do barco de recreo MS Princesse Marie-Astrid para asinar un Acordo que intentaba demostrar que a historia dun lugar non a definen os conflitos do pasado, senón as alianzas que se deciden construír cara ao futuro. Para garantir que a firma ocorrese en territorio neutral, a embarcación amarrouse no punto medio do curso do río, xusto na converxencia do trifinio, onde as augas de Luxemburgo, Alemaña e Francia se atopan.
Nesta reunión puxéronse as bases políticas e ideolóxicas para suprimir de xeito gradual os controis nas fronteiras comúns e permitir a libre circulación de persoas. Ao ser un acordo político preliminar, carecía aínda dos detalles operativos e de seguridade necesarios para aplicarse de inmediato.

Sería o 19 de xullo de 1990 cando eses cinco países asinaron o Convenio de Aplicación do Acordo de Schengen, un texto legal moito máis amplo e detallado que complementaba ao acordo de 1985. Este Convenio poñía as engrenaxes de seguridade e control para compensar a apertura de fronteiras interiores, as normas comúns para o control das fronteiras exteriores, a política común de visados e a creación do Sistema de Información de Schengen (SIS), unha base de datos policial e de seguridade compartida. A entrada efectiva en funcionamento, que supuxo o nacemento do espazo Schengen sen fronteiras, tivo lugar o 26 de marzo de 1995. Tras varios atrasos, o convenio entrou en vigor e suprimíronse oficialmente os controis nas fronteiras interiores entre os primeiros Estados participantes. Dous anos máis tarde, entrou en vigor o novo Tratado de Ámsterdam de 1997-1999 co que se integrou a Schengen dentro do marco xurídico e institucional da Unión Europea.

O problema Schengen en Ceuta e Melilla
Cando España asinou a súa adhesión ao Convenio de Schengen en 1991, negociouse unha excepción específica para Ceuta e Melilla debido ao seu status xeográfico e o seu réxime especial de fronteira terrestre con Marrocos. Permitiuse que os residentes marroquís das provincias fronteirizas contiguas puidesen entrar sen visado Schengen para estancias dun día. Pero, para evitar que Ceuta e Melilla funcionasen como unha porta falsa de entrada libre ao continente, España debía realizar controis fronteirizos de tipo Schengen nos portos e aeroportos de Ceuta e Melilla con destino á península ou a outros países europeos. Por tanto, cruzar o valo de Ceuta non outorga de forma automática acceso ao espazo Schengen sen controis adicionais, xa que o control fronteirizo europeo efectivo aplícase en embarques cara ao continente.
España ten a obrigación legal ante os seus socios comunitarios de custodiar, controlar e xestionar a seguridade desa fronteira exterior de acordo cos estándares europeos. Cando miles de persoas cruzan unha fronteira sen ningún tipo de filiación, control identificativo ou inspección documental previa, o principio de Schengen queda suspendido sobre o terreo.
Por mor da crise migratoria de maio de 2021 en Ceuta, cando miles de persoas cruzaron a fronteira en poucos días tras a flexibilización dos controis por parte de Marrocos, a Unión Europea reafirmou que os límites da cidade autónoma constitúen fronteiras exteriores tanto da UE como do espazo Schengen. Ese suceso orixinou unha crise bilateral entre España e Marrocos nun asunto de relevancia xeopolítica comunitaria, poñendo en evidencia a vulnerabilidade das fronteiras da Unión Europea e as tensións profundas sobre a aplicación práctica do tratado de Schengen. A iso únese o problema exposto entre o Código de Fronteiras de Schengen, que esixe o control de entradas non autorizadas, coas directivas europeas de asilo e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, que obrigan a procesar as solicitudes de protección internacional e a atender os menores non acompañados.
Un dos mecanismos previstos no marco de Schengen, ante crises migratorias ou presións fronteirizas extraordinarias como a entrada de decenas de miles de migrantes o 30 de xullo deste ano, é o despregamento da Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas (Frontex). Ante este último incidente xurdiu a tensión cos socios comunitarios e a ameaza á libre circulación. Houbo reivindicacións para esixir que o control efectivo debe fixarse no valo e a liña de costa con Marrocos, esixindo que a UE asuma a fronteira ceutí do mesmo xeito que custodia as fronteiras exteriores en Grecia, Italia ou Polonia.
Museo europeo
Esta historia áchase ao dispor do público no Museo Europeo de Schengen situado fronte ao barco MS Princesse Marie-Astrid, no que se asinou o Acordo. No seu interior están os documentos e as imaxes históricas da firma do Acordo de 1985 e do Convenio de aplicación de 1990.

Hai exposicións de uniformes de gardas de fronteira, de pasaportes anteriores ao Convenio dos países actualmente no espazo Schengen e de sistemas de control anteriores á libre circulación. Na praza exterior do Museo, destacan as tres columnas con estrelas conmemorativas, as bandeiras europeas e dous anacos do Muro de Berlín, simbolizando a caída das barreiras físicas e ideolóxicas no continente. O primeiro anaco foi doado polo Senado de Berlín en 2010 con motivo da inauguración do centro e o segundo engadiuse en 2015, no que se observa un grafiti coa pomba da paz e o rostro de Mijaíl Gorbachov.
Resulta sorprendente pensar que unha pequena aldea que un día foi escenario de disputas históricas e xeopolíticas pasou a converterse no símbolo global da liberdade de circulación, a concordia e a unidade continental. Schengen representa o gran paradoxo da historia e un triunfo diplomático europeo. A pesar de iso, os retos migratorios en fronteiras exteriores como Ceuta e Melilla reclaman unha vixilancia constante, obrigando a buscar un equilibrio permanente entre abrir as fronteiras e xestionar con responsabilidade a liberdade de movementos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Os sucos do tempo”
Avelino Muleiro: “En defensa da dignidade docente”
Avelino Muleiro: “Benvido, Daniel, a este lado da vida”
Avelino Muleiro: “As trampas da dialéctica”
Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”
Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”
Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”
Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”
Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”
Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.
















