As comunidades de veciños de inmobles de promoción pública poden optar a 6.000 euros por vivenda para actuacións de rehabilitación e mellora

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta liña de axudas, cuxo prazo de solicitude se abre hoxe, conta cun orzamento de 1 millón de euros para o ano 2022

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Serán subvencionables actuacións que melloren a seguridade estrutural ou construtiva do edificio, as condicións fronte á choiva e humidade e o illamento térmico e acústico; así como os accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía ou saneamento

As comunidades de veciños de inmobles de promoción pública (VPP) interesadas en mellorar as condicións do seu edificio poden optar desde hoxe a axudas de ata 6.000 euros por vivenda.

Desde hoxe, e ata o vindeiro 4 de abril, poden presentar unha solicitude para beneficiarse do programa dirixido ás comunidades de propietarios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, que este ano disporá dun orzamento de 1 millón de euros.

Tal e como se indicaba na resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras desta liña de axudas, poderán acollerse a estes incentivos as VPP sometidas a réxime de protección con máis de dez anos de antigüidade e aquelas nas que o devandito réxime se extinguira nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

Así, as comunidades de veciños poderán solicitar axudas para actuacións que deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución, polas que recibirán unha subvención do 60% do custo, cun máximo de 6.000 euros por vivenda, un 20% máis respecto da convocatoria de 2021 —o importe máximo era de 5.000 euros—.

Actuacións subvencionables


Serán consideradas actuacións subvencionables todas aquelas obras destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios que comprendan todos ou algúns dos seguintes traballos:

a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.

b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

c) Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.

d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

Cómpre lembrar que a orde de axudas de 2022 dá continuidade ás seis convocadas desde o ano 2016, que facilitaron a concesión de subvencións para intervir en preto de 3.500 VPP de titularidade privada.

Por último, no caso das VPP nas que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ostenta a titularidade, ao redor de 3.700 en toda Galicia, a Xunta destinará máis de 2 millóns de euros á súa mellora e rehabilitación no ano 2022.