Rúas e prazas do Carballiño serán escenario dunha ‘perfomance’ sobre a violencia de xénero

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os grupos de teatro Dar Trela e Agromar, acompañados pola Banda de música de Boborás, protagonizarán o vindeiro sábado, día 21, unha ‘perfomance’ sobre a violencia de xénero, onde teatro, danza e expresión corporal mestúranse para escenificar a xeración dun proceso de violencia doméstica. Deste xeito, o percorrido teatral, dunha hora de duración, comezará ás 18,30 horas na praza da Veracruz e continuará ata a Praza Maior, coa participación dunhas 60 persoas entre actrices, actores, axudantes e músicos. A presentación deste espectáculo tivo lugar hoxe na Casa do Concello, e nela interviron o edil de Cultura, Diego Fernández; a concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, e a coordenadora dos grupos teatrais, Ángeles Álvarez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta profesora destacou o feito de que “nesta perfomance involúcranse persoas de tódalas idades, xa que no grupo de teatro Agromar, da parroquia carballiñesa de Sagra, hai mulleres de 80 anos que fan moi ben o seu papel”. Pola súa banda, Silvia Baranda, lembrou que este espectáculo fora suspendido a finais de novembro por causa da choiva, e animou a toda a veciñanza a acudir a presencialo na tarde do vindeiro sábado.