Avelino Muleiro: “Matar ao reiseñor”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Avelino Muleiro García :

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Dedicado a Isabel Gabián e a Xoán Carnero     

                                    -exalumnos-, expoñentes fidedignos de gratitude e fidelidade.

O reiseñor é un paxaro realmente fascinante. É recorrencia constante na literatura universal desde as Xeórxicas de Virxilio ata El ruiseñor de Keats, de Jorge L. Borges, pasando pola Oda ao reiseñor, de John Keats, polo conto O reiseñor e a rosa, de Oscar Wilde, ou por O reiseñor, ese famoso conto de fadas de Hans Christian Andersen.

            O reiseñor é un paxaro que ten a capacidade de cantar na escuridade converténdose nun símbolo do descoñecido e do misterioso, ese matiz intrigante e recóndito no que gusta mergullar a filosofía. O seu canto melodioso vai asociado especialmente ao amor e á serenidade, porque soe cantar durante a noite cando todo está en silencio. Shakespeare utilizouno como un símbolo da beleza pura e eterna, mentres John Keats se elevaba coas ás da palabra poética para reunirse co reiseñor que cantaba entre as árbores.  

            Na literatura clásica, o título Matar un reiseñor evoca a tráxica historia da autora estadounidense Harper Lee, onde a inocencia e a xustiza son brutalmente aplastadas. Non obstante, neste artigo, imos explorar unha metáfora diferente, unha metáfora que reflicte a ingratitude que pode suceder nas relacións máis estreitas, especificamente entre amigas e amigos, entre política e sociedade, mesmo entre integrantes da mesma familia.

            Matar un reiseñor é unha metáfora poderosa que nos lembra a importancia de apreciar e valorar a aqueles que nos brindan axuda e apoio. A ingratitude non só dana as relacións humanas, senón que tamén pode levar á perda de confianza e a sentimentos baleiros.

A  ingratitude humana

A ingratitude é un fenómeno multifacético que require unha comprensión profunda e unha acción concertada e pedagóxica para poder erradicala. Na niña opinión, a ingratitude debería ocupar o número oito dos vicios máis importantes do ser humano, pois na cultura cristiá a lista deses vicios é de sete, coñecidos como os sete pecados capitais. Non creo que a envexa, a soberbia ou a cobiza, que aparecen nesa lista do catecismo católico, sexan máis corrosivas que a ingratitude. Todos estes vicios ou perversións son rostros da fraxilidade humana, e como tales representan un enorme obstáculo que non só lle impiden á persoa ingrata abrirse de forma xenerosa aos demais, senón que se prexudica a si mesma e ás persoas coas que se relaciona.  

A ingratitude tenta aniñar en persoas que articulan a realidade á conveniencia dos seus intereses, iso explica que adoite residir en analfabetos emocionais e en aditos ao conflito permanente, que normalmente conduce á orixe da conculcación dos valores de equidade e de empatía. Por tal motivo, hai que interpretala como unha traizón que soe doer máis que unha ferida física. O amigo que sempre está disposto a axudar, que apoia nos momentos difíciles e que se sacrifica polo benestar dunha persoa, non entende como en lugar de mostrar gratitude, é cuestionado como amigo e califícado de ruín. Esta palabra ruín implica unha mensaxe de odio e profundo desprezo. Calificar de ruín a alguén que nos está axudando é como apagar a luz que estivo brillando na escuridade dos nosos momentos difíciles.

É importante lembrar que as relacións se constrúen sobre a base do respecto e a reciprocidade, pero a ingratitude non só erosiona esas bases, senón que tamén deixa cicatrices profundas en quen se considera desagradecido. Polo tanto, ante a ingratitude dun amigo habería que preguntarse se esa amizade resulta beneficiosa e se lle fai sentir ben a un consigo mesmo. Se a resposta é que non, pode ser o momento de distanciarse e romper a súa relación.

A pesar de todo, sempre convén perdoar unha ingratitude, pero perdón non significa necesariamente volver á relación, senón liberarse do resentimento e da negatividade asociados con ela.

Que opinariamos dos veciños de Paiporta, epicentro das recentes inundacións producidas pola dana na provincia de Valencia, se calificasen de ruíns e malas persoas aos miles de voluntarios que desde diferentes lugares de España se acercaron ás súas rúas para limpalas nunha desas xornadas nas que o ceo se tomou a xustixa pola súa conta descargando auga como venganza divina? Conviriamos en catalogalos como ingratos por non recoñecerlles a axuda, o esforzo e o sacrificio ofrecidos solidariamente e de forma gratuita. Pero en absoluto actuaron así os veciños de Paiporta, antes ben agradeceron a todos eses voluntarios a axuda recibida. En cambio, así actúan esas desagradecidas persoas que non valoran os favores recibidos das súas amizades. A súa ingratitude conduce á perda da confianza, á rescisión da amizade e á cancelación de toda relación. Iso é matar ao reiseñor, e quen mata a un reiseñor non é de fiar.

O satírico romano Juvenal critica constantemente a ingratitude nas súas sátiras. Nunha delas, na sexta, Juvenal ataca a moralidade decadente da súa época, incluíndo a ingratitude cara a aqueles que axudaron ou protexeron a outros. Ortega y Gasset afirmou que “el defecto más grave del hombre es la ingratitud”.

No Don Quijote de la Mancha, a ingratitude asóciase coa soberbia, destacando como estes vicios poden corromper o carácter humano. Don Quijote, no momento en que Sancho é nomeado gobernador da ínsula Barataria, aconsella a Sancho, a través dunha carta, que sexa agradecido: “Escribe a tus señores y muéstrateles agradecido, que la ingratitud es hija de la soberbia y uno de los mayores pecados que se sabe, y la persona que es agradecida a los que bien le han hecho da indicio que también lo será a Dios, que tantos bienes le hizo y de contino le hace” (Cervantes: Don Quijote de la Mancha; II, 51).

            Marco Aurelio era consciente da ingratitude do ser humano: “Hoxe tropezarei con algún entrometido, con algún ingrato, con algún insolente, con algún mentiroso, envidioso ou egoísta” (Meditacións). Pero, como bo estoico, preparábase mentalmente para manter a calma e actuar de maneira sabia ante tales situacións. A ingratitude considerábaa unha violación das virtudes fundamentais que manteñen a cohesión social.

            Séneca describe a ingratitude como un acto de inxustiza que viola a reciprocidade fundamental necesaria para o correcto desenvolvemento das relacións humanas. Nas súas Cartas a Lucilio argumenta que a ingratitude rompe os lazos de reciprocidade que son esenciais para manter as relacións interpersoais saudables.

            Kant salienta que a moralidade require tratar á humanidade, tanto na nosa propia persoa como na dos demais, sempre como un fin e nunca simplemente como un medio. A ingratitude implica non recoñecer o valor e a dignidade dos demais, tratándoos máis ben como medios para os seus fins persoais, o que vai en contra deste kantiano principio moral fundamental.

Todas estas manifestacións remarcan a magna categoría que se lle asigna á gratitude nas relacións sociais, así  como o seu valor humano, a súa fascinación ética e persuasión moral. A ingratitude asóciase cun forte individualismo e cun egoísmo exacerbado, que son características centrais da sociedade líquida descrita por Zigmunt Bauman. Nesta sociedade, as persoas tenden a ver aos demais como medios para alcanzar os seus fins persoais, en lugar de consideralos como fins en si mesmos. Isto alíñase coa crítica de Kant á ingratitude, quen argumenta que tratar aos demais como medios e non como fins é moralmente incorrecto. A ingratitude reflicte esta tendencia para priorizar os intereses persoais sobre a reciprocidade e o respecto mutuo.

A antítese da gratitude provoca conflitos de empatía a nivel persoal, que poden evolucionar cara a traumas psicolóxicos importantes, xerando sensacións de baleiro e inmensa decepción. As persoas ingratas raramente recoñecen ou agradecen os esforzos e sacrificios cos que se lles obsequian. Non só non dan as grazas, senón que asumen que o papel do dadivoso e xeneroso é estar aí para atender as súas necesidades sen expectativas de reciprocidade.

A ingratitude social

A ingratitude traspasa os límites persoais para ascender aos escenarios sociais da política, da empresa e da cultura.

Que máis ingratitude política que a dos gobernantes que se esquecen das súas promesas electorais despois de recibir o apoio cidadán para lograren o Goberno? Pero tamén parece incuestionable a ingratitude de toda unha sociedade que non agradece aos seus líderes as conquistas e os éxitos que repercuten no benestar de toda a cidadanía. É o caso de Publio Cornelio Escipión, coñecido como “o Africano” pola súa vitoria sobre Cartago, que se retirou á súa vila despois de que o seu orgullo fose ferido pola ingratitude dos romanos. Morreu no ano 183 a.C. e ordenou que o seu epitafio fose: “Patria ingrata, non posúes nin sequera os meus ósos”.

Outro episodio afamado de ingratitude social foi o de Atenas con Sócrates, o filósofo que a pesar das súas contribucións significativas á filosofía e á educación, defensor da democracia ateniense e impulsor da moral, foi condenado á morte acusado de “corromper á mocidade” e non recoñecer aos deuses do Estado.

Ignominioso, abxecto e desprezable acaeceu con Irena Sendler, unha heroína polaca que salvou a miles de nenos xudeus dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, arriscando a súa propia vida. A pesar da súa valentía e sacrificio, non recibiu o recoñecemento que merecía. De feito, cando o goberno de Polonia a propuxo para o Premio Nobel da Paz en 2007, o comité noruegués optou por outorgar o premio a Al Gore, o que se considera un acto de ingratitude cara a unha auxiliar técnica sanitaria que cambiara o destino de tantas persoas. Pero esa ingratitude social revela a axioloxía cultural onde a política eclipsa aos auténticos valores humanos.

O talante e as orixes da ingratitude

A ingratitude é a resposta e a forma de actuar dos seres humanos que deriva dun determinado talante. O talante é o estilo ou a forma de executar unha acción e que se considera consecuencia de factores psicolóxicos, educativos, sociais… Forma parte da personalidade expresando as nosas emocións e lucindo no seu escaparate condutual os nosos sentimientos.

            A ingratitude adoita estar asociada cunha visión egocéntrica do mundo e coa crenza de que os demais están obrigados a satisfacer as nosas necesidades. Os investigadores suxiren que a ingratitude pode ter as súas raíces nos modelos de crianza durante a infancia, onde non se ensinou a valorar e apreciar as accións dos demais. Nesa mesma teoría, a ingratitude sería o desenvolvemento do denominado “Síndrome do Emperador” na nenez, que se arrastra ata a idade adulta. De aí que se recomende aos pais que deben ser modelos de conduta para os seus fillos. A gratitude apréndese principalmente observando e emulando o comportamento dos adultos significativos. Se os pais expresan gratitude de maneira frecuente e natural, os fillos están máis propensos a imitar ese comportamento. É crucial recoñecer e agradecer o esforzo e o apoio das persoas, por iso, unhas simples “grazas” ou un xesto de aprecio poden significar moito para educar na gratitude.

            Hai bases narcisistas na ingratitude, o que favorece que a miúdo esas persoas se centren nas súas propias necesidades e logros, o que lles fai difícil recoñecer e apreciar os esforzos dos demais.

            Ademais, a ingratitude está vinculada a niveis máis altos de estrés e ansiedade. Ao enfocarse constantemente no que lles falta ou no que non están recibindo, as persoas ingratas experimentan maiores niveis de estrés e ansiedade, o que pode afectar negativamente ao seu benestar xeral. De aí que a ingratitude se relacione cun maior risco de trastornos psicolóxicos como a depresión, o trastorno de ansiedade xeneralizada, fobias, bulimia nerviosa e comportamentos aditivos. A incapacidade de valorar e apreciar o positivo pode xerar ciclos de expectativas irreais e frustracións que afectan á saúde mental. En resumo, a ingratitude non só dana as relacións persoais, senón que tamén ten un impacto negativo na saúde emocional e no benestar xeral dos individuos, levándoos a un ciclo de infelicidade, illamento e problemas psicolóxicos.

A imaxe do reiseñor, un paxaro valorado  polo seu fermoso canto -parece ser que é o único paxaro que canta de día e de noite-, utilízase ao longo da historia para representar a beleza, a gratitude e a xenerosidade. É símbolo dese amigo que está as vintecatro horas do día alerta para ofrecerche a súa xuda en caso de necesidade. Na cultura celta, o rousinol era un tótem simbólico da amizade, da sociabilidade e da bondade. O seu canto simboliza a gratitude e a fidelidade aos amigos. Como ave migratoria, vaise a África no outono, pero cando regresa a Europa en primavera faino sempre para aparearse coa mesma parella de sempre nun lugar acordado.

Nada máis afastado da conduta do reiseñor que a ingratitude, esa emoción corrosiva que se interpreta como un acto destrutivo da bondade e da xenerosidade que nos rodean. Matar un reiseñor simboliza a ingratitude humana, ese perdigón letal que nun acto de crueldade destrutiva acaba coa vida do reiseñor e silencia o seu canto mensaxeiro de inocencia, de bondade  e de gratitude.

Procuremos salvar ao reiseñor deses letais perdigóns da ingratitude para poder seguir escoitando o seu canto, gozando as vintecatro horas do día da súa doce e inigualable melodía.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (II)”

Avelino Muleiro: “A Festa da Filosofía do 2024 (I)”

Avelino Muleiro: ” A terapia da paciencia “

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”

Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”

Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””

Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.