Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (II)”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Cando estala unha guerra, as xentes din: “Isto non pode durar, é demasiado estúpido.” E sen dúbida unha guerra é evidentemente demasiado estúpida, pero iso non impide que dure. A estupidez insiste sempre… A praga non está feita á medida do home, polo tanto o home dise a si mesmo que a praga é irreal, é un mal soño que ten que pasar. Pero non sempre pasa, e de mal soño en mal soño son os homes os que pasan… (Albert Camus: A peste)”

Na anterior reflexión sobre a estupidez, detectamos o seu tóxico contaxio dado o seu vigor viral esparexido por todas as canles sociais utilizables. Unha desas canles, á parte das redes sociais, son os medios de comunicación.

A estupidez nos medios de comunicación

            Os medios de comunicación teñen unha influencia significativa nas persoas respecto á percepción da realidade. Ditos medios xogan un papel crucial na propagación da estupidez na sociedade xa que actúan como amplificadores de contidos polarizantes e sensacionalistas, priorizando o impacto emocional sobre a información veraz. Todo iso fomenta a difusión de ideas simplistas e nesgadas, favorecendo as voces impetuosas e polémicas sobre os argumentos razoados e distorsionando a comprensión da realidade política. Con frecuencia, crean formatos que converten opinións en identidades, fortalecendo a confrontación entre grupos antagónicos en lugar de buscar consensos eficaces. Desa maneira, promoven a división social e o pensamento tribal.

            Sabemos que moitos medios dependen de subvencións públicas, o que compromete a súa independencia e os fai susceptibles á manipulación gobernamental. Aplican a censura e o control da información limitando a diversidade de opinións. Repiten mantras e narrativas simplistas sobre temas complexos, reducindo o pensamento crítico. Actúan como ferramentas dos poderosos para manter á poboación desinformada e manipulada. Teñen o poder de construír novas realidades a partir da difusión da información influíndo cognitivamente na comprensión que as persoas teñen dos feitos. En resumo, os medios priorizan a miúdo o sensacionalismo, a polarización e os intereses de poder sobre a información obxectiva, contribuíndo así á propagación da estupidez na sociedade.

            Xa que a veracidade da información presentada pode ser cuestionable, faise necesario e urxente que os individuos desenvolvan habilidades críticas para contrastar e verificar a información recibida e non se afoguen na piscina da estupidez. De novo, e unha vez máis, reivindico a necesidade e o impulso da ilustración na sociedade.

A política como fermento da estupidez

“Contra a estupidez, ata os deuses loitan en van” (Friedrich Schiller) 

Aproveitando a falta de pensamento crítico na sociedade, os gobernos poden utilizar a propensión da cidadanía a aceptar todo tipo de información sen nunca cuestionala, especialmente se reforza as súas crenzas preexistentes. Unha forma de actuar consiste na utilización de argumentos simplistas ou de argumentacións contraditorias. Gobernos e políticos, confiados en que a gran maioría de cidadáns tragan as súas mensaxes sen axuizalas razoadamente, utilizan discursos superficiais, sofismas e falacias coas que apelan directamente ás emocións en lugar de persuadir con argumentos lóxicos. E así, difundindo noticias a través dos medios de comunicación e das redes sociais, propáganse mentiras, loiadas ou verdades parciais que son facilmente aceptadas por quen non verifica a información recibida.

Aproveitando o baixo nivel crítico, os gobernos benefícianse dunha poboación pouco formada porque lles resulta máis susceptible á manipulación. Frecuentemente, os gobernos presentan panoramas ficticiamente optimistas, minimizando os problemas e esaxerando os logros, confiando en que moitos cidadáns non contrastarán nunca as súas afirmacións coa realidade. En conclusión, a manipulación gobernamental apóiase a miúdo na explotación de nesgos cognitivos e na falta de pensamento analítico por parte da poboación, utilizando a estupidez como un medio para manter o control e o poder. 

Platón describiu perfectamente a estupidez política -evidentemente sen usar a palabra estupidez por non existir daquela- no diálogo Gorgias. É precisamente aquí onde Sócrates -personaxe central do diálogo- destapa a estupidez na actividade profesional de Gorgias: a retórica, a arte por excelencia que utiliza en política a palabra, pero envolta en auténticos sofismas con fins persuasivos. A mensaxe que nos regalou Platón no Gorgias é a mellor lección maxistral que podemos deprender sobre a política actual. Impresiona a súa mensaxe, porque parece saída do prelo este mesmo século.

                O diálogo platónico comeza con Sócrates interrogando a Gorgias cal é a característica esencial da súa profesión e en que consiste a arte que practica e ensina aos seus alumnos. Pero quen lle contesta a Sócrates non é Gorgias, senón Polos, discípulo de Gorgias: “A arte de Gorgias é a arte máis fermosa de todas”.

Sócrates reprende a Polos por non lle responder con precisión á súa pregunta. Entón, Gorgias corrobóralle a Sócrates: A miña arte é a retórica, Sócrates.

A partir de aquí, Sócrates vai interrogando a Gorgias para lograr que confese o verdadeiro papel e a misión dos sofistas -Gorgias era un sofista- na sociedade ateniense. E así, Sócrates interrógao directamente: Xa que, como ti mesmo dis, dominas a arte da retórica e es capaz de formar oradores, dime a que fin vai dirixida esa retórica? Cal é o seu obxecto? Gorgias responde: Os discursos.

Sócrates recolle as palabras de Gorgias para destapar a trampa sofista: Agora é cando creo, Gorgias, que determinaches exactamente que clase de arte é a retorica na túa opinión. Se non che entendo mal, afirmas que a retórica é a dona da persuasión e que a persuadir van encamiñados todos os seus esforzos. Gorgias confirma a interpretación de Sócrates: É así, evidentemente.

            Sócrates trata de acantoar a Gorgias atizándolle coa finalidade da persuasión que lle asignan os sofistas: Non obstante -di Sócrates-, a persuasión dáse igualmente entre os que saben e entre os que cren, non é certo? Gorgias responde: É certo.

Daquela, di Sócrates: convídote a distinguir dúas clases de persuasión: unha que orixina a crenza (doxa) carente de ciencia, e outra que dá a ciencia (episteme). Dando isto por feito, que tipo de persuasión produce a retórica ante os tribunais e outras asembleas respecto ao que é xusto e inxusto?

Gorgias contesta: Evidentemente, Sócrates, a que provén da crenza (doxa).

 Polo tanto -contesta Sócrates- a retórica sería a que produce unha persuasión de crenza, pero non educa nin reflicte saber sobre o xusto  e o inxusto.

Gorgias: Tratarei de explicarche claramente o poder da retórica en toda a súa amplitude… Cómpre empregar esta arte como as outras artes de combate… O orador é capaz de falar contra calquera adversario e sobre calquera punto, de tal xeito que convenza mellor que ninguén a quen o escoita e, naturalmente, obtén o que queira grazas á súa arte

Sócrates replica: Está ben. Pero, desa maneira, eses oradores poden obter o que propoñan, sexan cales sexan os puntos en cuestión, porque poden conseguir, simplemente persuadíndoa, o asentimento dunha gran asemblea que carece de instrución, non é así? Gorgias: Exactamente, porque do que se trata é de falar ante unha multitude.

É dicir, a retórica é a forma de como un discurso pode persuadir á audiencia á marxe do tema que toque o orador, porque a súa finalidade consiste exclusivamente en que quen realice o discurso saque proveito do mesmo. Vinte e catro séculos despois, no século XX, Freud revalidaría esta idea de Gorgias afirmando que as multitudes nunca coñeceron a fonte da verdade. Esixen só ilusións, sen as que non poden vivir.

Sócrates: Xa entendo. Falan diante dos que non saben, dos ignorantes, porque evidentemente cando se trata de persoas cultas é imposible que o orador sexa máis persuasivo que o médico, que o arquitecto, que o sabio…

Polo tanto, é un ignorante que fala ante ignorantes quen ten vantaxe sobre o sabio desde o momento en que o orador triunfa sobre os sabios… É dicir, a retórica non precisa coñecer a realidade das cousas, o que son. Abonda con utilizar os seus procedementos persuasivos, procedementos que ela mesma inventou para parecer aos ignorantes máis sabios que os propios sabios.

Neste diálogo, a estupidez parece un recurso político evidente porque é unha arma poderosa para o control social. A retórica, o uso e a manipulación da palabra por parte do orador recae sobre unha sociedade acrítica, sobre unha multitude sen formación que é captada a través da persuasión dunhas crenzas subxectivas, moi afastadas da verdade (episteme) que emana da lóxica. Esa é a eiva da democracia, á que tanto criticou Platón responsabilizándoa da morte de Sócrates.

            A estupidez sobresae de forma patente, aínda que disfrazada, nos discursos persuasivos dos políticos, dos ideólogos e de cantos pretenden “obter o que se propoñen grazas á súa arte”.

            Estou convencido de que sobra calquera comentario meu deste marabilloso texto de Platón sobre a aplicación e a extrapolación da súa mensaxe á actualidade política. Os lectores e lectoras extraerán as súas propias conclusións. Non me queda a menor dúbida de que darán na diana.


Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “O poderío demoledor da estupidez (I)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”

Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”

Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”

Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””

Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.