Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda
“Dúas cousas son infinitas: a estupidez humana e o universo; e non estou seguro do segundo” (A. Einstein).
Quero salientar que neste artigo as categorías de estupidez e outras similares -cretinismo, imbecilidade, idiotez…- non serán tratadas como tipoloxías psíquicas, senón como patoloxías sociais.
Na súa orixe, o termo latino stupidus –derivado do verbo stupere (quedar entumecido)- referíase a alguén que estaba “aturdido” ou “asombrado”, sen a connotación negativa que ten actualmente, procedente de stultus (necio). Os romanos usaban stupidus de maneira despectiva para referirse a quen se asombraba por todo ou carecía de sentido común. A palabra estulticia ten a súa orixe no latín, pois provén do termo “stultitia”, que significa “tontería” ou “necidade”. A raíz “stultus”, significa “necio” ou “tonto”. Polo tanto, etimoloxicamente, “stultitia” refírese ás condicións de ser necio ou tonto. En castelán, a palabra estulticia mantén un significado similar, sendo sinónimo de estupidez, tontería ou necidade. Considerando que o seu uso non é moi común na linguaxe cotiá, a palabra estulticia utilízase principalmente para referirse de maneira formal á estupidez ou insensatez humana. Para Aristóteles, a estupidez representaba unha deficiencia no uso da razón, así como no proceso de adquisición e aplicación do coñecemento. Na mitoloxía grega, Coalemo (Κοάλεμος) era o deus que encarnaba a estupidez, a insensatez, a imprudencia, a ignorancia e a necidade. Na actualidade, ao divino Coalemo aparécenlle ermidas e devotos fidedignos en todas as capas sociais, desde os palacios reais e os paraninfos universitarios ata os bufetes de avogados, os parnasos dos poetas e os congresos académicos, pasando polos laboratorios políticos onde se adoban e cociñan con barata estupidez as ideoloxías.
“Nunca atribúas á maldade o que se explica adecuadamente pola estupidez”, expresión coñecida como principio de Hanlon, ou navalla de Hanlon, unha forma moderna da navalla de Occam, quen entendía a estupidez como a tendencia a complicar innecesariamente as cousas ou a non ver as solucións máis evidentes.
No século XVII este significado estendeuse a tonto ou fatuo, para rematar actualmente como un sinónimo de bobo, parvo, insensato e outros cualificativos que facilmente se poden imaxinar. Actualmente, estulto úsase como sinónimo de estúpido.
Para Hannah Arendt existe unha importante distinción entre estupidez e falta de reflexión. A estupidez refírese fundamentalmente a unha limitación cognitiva ou intelectual, mentres que a falta de reflexión (ou irreflexión) é unha ausencia do exercicio do pensamento crítico, incluso en persoas intelixentes.
A estupidez é un tema complexo e polivalente que foi tratado ao longo do tempo por escritores e destacados pensadores. Entre eles, o economista e historiador italiano Carlo M. Cipolla (1922-2000), autor do libro Allegro ma non troppo (Alegre, pero non demasiado), no que se inclúe un ensaio titulado As leis fundamentais da estupidez humana. Nel describe a estupidez como unha forza poderosa e destrutiva que afecta á humanidade de maneira constante e significativa. Afirma o autor que ese colectivo de persoas, distribuídas de foma homoxénea na sociedade, é máis perigoso que ningún outro grupo social por ser, ademais, causa das desgrazas pasadas e presentes que debe soportar o ser humano como individuo e como colectividade. Cipolla argumenta que os estúpidos carecen de estrutura regulativa, porque actúan en perfecta sintonía sen necesidade dunha organización formal, amplificando o seu impacto negativo na sociedade. Por ende, advirte do comportamento, do exceso e do perigo que representan os individuos estúpidos.
Cipolla describe catro tipos de individuos que estruturan a sociedade: Intelixentes -que benefician aos demais e a si mesmos-; Incautos ou desgraciados -que benefician aos demais pero que se prexudican a si mesmos-; Estúpidos -que prexudican aos demais e tamén a si mesmos-; e Malvados ou bandidos -que prexudican aos demais para beneficiarse a si mesmos.
A probabilidade de que unha determinada persoa sexa estúpida é independente de calquera outra característica propia da mesma. Calquera de nós subestimamos inevitablemente o número de individuos estúpidos en circulación, e por iso as persoas non estúpidas infravaloran o potencial daniño da xente estúpida. Un individuo estúpido é o tipo de persoa máis perigosa que pode existir, porque para poder embelecar utiliza premisas e razoamentos falaces con aparencia de argumentacións lóxicas correctas.
Umberto Eco (1932-2016), no seu ensaio Sobre a estupidez, tamén sinala que a estupidez pode ter un impacto significativo na sociedade. Coincide con Cipolla que os individuos estúpidos poden causar dano non só a si mesmos, senón tamén aos demais. Isto débese a que a estupidez se manifesta a miúdo na incapacidade de recoñecer os propios límites e na tendencia para actuar sen reflexión.
Eco argumenta que a estupidez é unha característica inherente á condición humana. Todos, nalgún momento, podemos actuar de maneira irracional ou ilóxica. E iso vai unido á súa crenza de que a intelixencia non é un trazo exclusivo duns poucos, senón que todos podemos caer na trampa da estupidez.
Este intelectual italiano participou nun debate público co cineasta francés Jean-Claude Carriére para intentar establecer a diferenza entre cretino, estúpido e imbécil, tres categorías que ofrecen matices case imperceptibles.
Umberto Eco explicáballe ao interlocutor francés que no seu libro O péndulo de Foucault fai unha distinción entre o imbécil, o cretino e o estúpido. “O cretino non interesa porque é un individuo que en lugar de levar a culler á boca lévaa á fronte; non interesa porque é aquel suxeito que non entende o que lle estás dicindo. O seu caso é sinxelo”. Pola contra, a imbecilidade é unha calidade social. “O imbécil é aquel que, chegado o momento, se lle ocorre dicir exactamente o que non debería dicir. É o autor de metidas de pata involuntarias”.
En cambio, o estúpido é diferente; o seu déficit non é social, senón lóxico. O estúpido non se equivoca de comportamento, equivócase de razoamento. Nunha primeira vista, parece que razoa dunha maneira correcta, e resulta moi difícil darse conta de inmediato que isto non é así. Por iso é perigoso. (…) Póñoche un exemplo. O estúpido dirá: “Todos os habitantes do Pireo son atenienses. Todos os atenienses son gregos. Polo tanto, todos os gregos son habitantes do Pireo”. Asáltache a dúbida de que algo non está a funcionar ben porque sabes que existen gregos de Esparta, por exemplo. Pero “o estúpido é incapaz de explicar, expeditamente, onde e por que se equivocou. E para decatarse do seu erro sería imprescindible coñecer moi ben as regras da lóxica formal.”
Carrière respondeulle: “Eu creo que ao estúpido non lle basta con equivocarse. Afirma claro e forte o seu erro, proclámao aos catro ventos, quere que todos o escoiten. É sorprendente ver o estridente que resulta a estupidez. Pode empezar dicindo: “Agora sabemos por fontes fidedignas que tal e tal…”. E séguelle unha garrafal sarta de estupideces.”
-Tes toda a razón, contesta Umberto Eco. Se empezas a afirmar con insistencia unha verdade común, trivial, de inmediato se transforma nunha estupidez.
A estupidez nas redes sociais
Nunha sociedade posmoderna como na que navega a nosa vida, con ondada perigosa e rumbo ignoto na bitácora do navío, caben todas as posibilidades, incluso a incoherencia e as contradicións, por iso imos de sorpresa en sorpresa cada día que recibimos noticias estúpidas, por contraditorias e dificilmente cribles. A estúpidez é un composteiro sociolóxico onde fermenta a compostaxe recollida nos contedores da ignorancia cultural e no descoñecemento das regras da lóxica. Pode suceder, e con frecuencia sucede, que o fermento se introduza intencionadamente desde laboratorios políticos, ideolóxicos, económicos e doutros múltiples credos teóricos. Nestes casos, a estupidez sitúase en posicións de poder ou autoridade, o que pode causar danos terribles a comunidades e sociedades enteiras. Por que? Porque nesas situacións se desvía a atención dos problemas máis urxentes da sociedade e, mesmo, da humanidade, debilitando o pensamento crítico e a capacidade de tomar decisións racionais. Iso, socialmente, non só implica quebranto ético, cultural e humano, senón incluso custos económicos e afectivos moi elevados. Xa o advertía Freud a comezos do século pasado: “Non hai nada máis caro na vida que a enfermidade e a estupidez”.
A estupidez é altamente contaxiosa, especialmente na era das redes sociais, porque pode levar á rápida difusión de ideas erróneas. No contexto contemporáneo da dixitalización, os perigos da desinformación e da superficialidade poden proliferar exponencialmente porque a facilidade coa que se propagan as ideas erróneas e a falta de pensamento crítico son aspectos que poden exacerbar a estupidez colectiva. Ademais, está aí á espreita o nesgo da negatividade, de conformidade co cal os seres humanos temos unha tendencia natural a prestar máis atención á información negativa que á positiva. A estupidez, ao ser percibida como algo negativo, capta a nosa atención máis facilmente que os actos de intelixencia ou sabedoría.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (II)”
Avelino Muleiro: “A felicidade, un estado cuántico (I)”
Avelino Muleiro: “Marisa Crespo: Da modestia á excelencia”
Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””
Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.