A comarca do Ribeiro suma hoxe un total de 5 casos activos. En Ribadavia hoxe mantéñense os 4 casos rexistrados a pasada semana, presentando o máximo da comarca. Leiro mantén un caso activo rexistrado o pasado venres.
No Ribeiro, os demais concellos, Arnoia, Avión, Cortegada, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón, están libres de covid.
Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.