Tres afectados por Coronavirus en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

RIBADAVIA CONFIRMA O INFECCIÓN POR CORONAVIRUS DE TRES DOS SEUS VECIÑOS

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Comisión de Seguimento do Covid-19 de Ribadavia informou da confirmación de tres casos de coronavirus no concello. Os tres contaxiados están en cuarentena, baixo o control de sanidade e con todos os protocolos de seguridade activados.

O concello aproveita para pregar novamente á veciñanza que cumpra as medidas de seguridade para evitar o contaxio.

Por outra banda, dende as oito da tarde de onte seguiron cos traballos de desinfección no Asilo de Ribadavia, A Franqueirán, Francelos, Prexigueiro, San Andrés e Esposende. Ademais, seguindo na liña de cooperación coas entidades locais da comarca, tamén estiveron desinfectando na parte de Esposende que pertence a Cenlle e na zona da Portalaxe pertencente a Melón.

VIDEO