
As doses da vacina Pfizer chegarán a Galicia o martes, e non o luns, como estaba previsto. O atraso nesta segunda remesa, de 18.000 doses, provocou que o Sergas reprogramase para o mércores a reanudación da campaña de vacinación en residencias de maiores das sete áreas sanitarias.
A campaña iniciarase en ourense ca chegada de 3.000 doses que se utilizarán durante esta semana. Para a súa distribución coordináronse 11 equipos de enfermería preparados xa para iniciar a ruta polas 141 residencias de maiores e con diversidade funcional.

A subdirectora de Enfermería de Atención Primaria, Josefa Rodríguez, e a supervisora de Enfermería da área de crónicos, a carballiñesa Verónica Civeira, coordinaron esta campaña. Os 11 equipos estarán formados por 22 enfermeiros e con outros 11 suplentes. A pasada semana mantiveron xa varias reunións para coñecer o material e o procedemento que se deberá seguir durante as vacinacións.
As residencias xa enviaron o listado completo de usuarios e traballadores que serán vacinados e os que non, que tiveron que asinar unha declaración responsable. Cada centro habilitará unha sala ventilada para a inxección da dose, que se utilizará excepto cas persoas que están encamadas.