A Deputación colabora co Mushing Terra de Boborás

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por videoconferencia baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 183.140 euros en concepto de subvencións nos ámbitos da cooperación, servizos, patrimonio ou situacións de emerxencia social. 

Segundo os acordos adoptados o Concello de Boborás disporá de senllas achegas, cada unha delas de 5.000 euros, para o campionato nacional de Mushing Terra (carreiras de trineos tirados por cans) e para rehabilitación do patrimonio cultural, en concreto a restauración dos cruceiros de Vecoña, Xuvencos e Sobredo.

AVANTAR ACTIVIDADES