Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Nun mundo que a miúdo se reviste de ostentación e de narcisista exhibición do ego, é reconfortante atinar con alguén que brilla con luz propia sen necesidade de desfilar por propagandísticas pasarelas culturais nin por controvertibles redes sociais na procura da nosa atención. É a propia sociedade quen recoñecendo a honestidade e autenticidade das persoas as valora laureándoas e homenaxeándoas, como é o caso de Marísa Crespo Leiro. Esta muller, con humildade e sabedoría, converteuse nun verdadeiro referente -profesional, humano e social- marcándonos o camiño que debemos seguir se queremos construír e consolidar unha sociedade máis sá, máis avanzada e máis humana. Unha sociedade na que aspiramos a vivir o mellor posible.
A sociedade está recoñecendo a través de institucións públicas e privadas a figura de Marisa Crespo, como profesional e como persoa. Nada hai, pois, de insólito e sorprendente en que as institucións non escatimen renderlle honores, organizarlle homenaxes e investila filla predilecta do seu concello e da provincia. Os medios de comunicación fanse eco das súas homenaxes e premios recibidos, que son numerosos nestes últimos anos. O último, o de filla predilecta da provincia de Ourense, promovida pola Deputación Provincial ourensá, que se suma aos Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro e Brillantes do Colexio de Médicos de A Coruña, Filla Predilecta do Concello de Cea, Premio ao “Médico Hipocrático” da Sociedade Española de Cardioloxía e Premio “Ágora do Orcellón”, promovido polo Instituto de Estudios Carballiñeses.

As intervencións da homenaxeada e laureada agradecendo a concesión de cada un destes premios apuntan todas no mesmo sentido: á súa familia, ás súas etapas formativas e profesionais e…a Santrós. Eses son os piares nos que se foi construíndo a personalidade e a profesionalidade desta doutora galega.
Ao referirse a Marisa resulta inescusable facer referencia ao territorio máis vinculado á súa vida, Santrós, ao que lle dedica descricións paisaxistas singularmente sentidas e expresivas. Alí están os tres ríos que vertebran a vida da contorna, revivificando co seu incoloro e frío sangue a flora e a fauna que a habitan: o Arenteiro, o Mirela e o Marañao. Ríos nos que acouga o alento dese fluír constante da vida que nos leva dun lugar a outro nunha engrenaxe implacable da nosa existencia.
Santrós é, xa que logo, o horizonte no que Marisa ten o seu lugar e o seu tempo, un xeito particular de relacionarse coa vida. Desde a súa nenez, seguramente foi descubrindo a beleza e o amor á natureza, a sentir a necesidade de mirala de preto para achar nela o que hai de nobre nas cousas máis vulgares. Esas vivencias servíronlle de cultivo ao seu espírito, arrequecendo a súa sensibilidade para comprender en profundidade tanto o mundo das persoas como o da natureza. Por iso, no mudar do mundo e das xentes, ela segue mantendo intactos os costumes, a fala e a sensibilidade. As tradicións, as amizades, a familia e as lembranzas viven no seu relato reiterado a súa xenuína autenticidade.
Ten, pois, o privilexio de comprender desde esa perspectiva santrousá as persoas e os seus problemas, aspecto do que ninguén dubida dada a súa recoñecida empatía. Sabemos que en realidade todo o noso ser está instalado no universo e se desenvolve en relación coas outras persoas e coa entorna persoal, polo que parece verosímil pensar que a nosa relación co mundo se vai abrindo en contacto coas cousas máis próximas e que as nosas certezas se fundamentan na experiencia. Así se desenvolve a vida de Marisa, en contacto permanente coas súas raíces, e de aí procede a súa empatía.

Marisa foi labrando a súa personalidade desde o berce. A parte da xenética, tamén herdou de seus país a memética: a xenerosidade da súa nai -María Xenerosa- e a modestia de seu pai -Modesto.
Cómpre lembrar que Richard Dawkins, creador da teoría memética (O xene egoísta), analogaba o meme -como unidade de información cultural- co xene -a unidade biolóxica transmitida no ADN-. Razón suficiente para entender que Marisa non só herdou o ADN dos seus proxenitores, senón tamén a educación.
O berce de Marisa está en Santrós, que segue marcando o punto cardinal da súa vida. Ese santrosanto lugar derrubou fronteiras para, grazas a Marisa, conquistar o planeta. Máis dun preguntarase: pero esa extraordinaria muller -doutora, profesora, investigadora, tan humana…tan marabillosa persoa…- como puido saír de Santrós, ese pequeniño lugar da parroquia de San Martiño de Lamas na provincia de Ourense?
A toda esa xente sorprendida, a doutora Crespo ten que lle contestar con aquel texto de Aristóteles que cita Heidegger sobre Heráclito, onde se menciona como uns visitantes que ían ver a aquel sabio de Éfeso, esperando acharlle nunha gran mansión pensando e filosofando profundamente, sorprendéronse ao atopar ao pensador “quentándose ao lado dunha lareira”. Ao decatarse Heráclito da reacción dos visitantes, díxolles: “entrade, entrade, que tamén aquí moran os deuses”. Pois igual aquí, Marisa tenlles que dicir a esa xente sorprendida: vinde, vinde…que en Santrós tamén habita a sabedoría e a boa xente. De feito, xa empezaron a mercar casa en santrós xente de Andalucía, da Coruña e de Ourense.
A excelencia á que ascendeu Marisa, persoal e profesionalmente, está fundamentada en valores consistentes como son a familia, as firmes crenzas nos diversos ámbitos culturais, o amor á súa Ítaca persoal -Santrós- e á súa veciñanza parroquial….Marisa foi, e continúa sendo, feliz na aldea, na que admira as súas singularidades paradisíacas, as súas marabillas paisaxistas inigualables polas que practica andainas as fins de semana e a súa auténtica beleza natural; esa aldea galega onde naceu, onde se educou e pasou os mellores anos da súa vida acompañada dos seus pais, da súa irmá -María-, da súa tía Finita e do seu tío Agustín, definen unha familia perfectamente estruturada e que ela adora. Santrós está sendo a súa gozosa fonte de inspiración.
Quen coñece a Marisa é consciente da empatía que destila con toda a xente -amigos, veciños, colegas de profesión, coñecidos…-. Todo o mundo gaba a súa capacidade de colaboración e a súa oferta de axuda en circunstancias complicadas e difíciles. A súa dilección polos pacientes e pola súa familia resulta publicamente encomiable. Así é a súa vida, unha forma de vivir dedicada aos demais.
Revisando as Memorias dun neno labrego, vou apropiarme das verbas que Xosé Neira Vilas lle dedicou a Balbino, que parecen profeticamente dirixidas a Marisa:
“O teu nome e a túa historia andan dende hai tempo en letra de imprenta… e saben de ti en moitos lugares… Persoas de todas as idades séntense achegadas a ti, solidarias contigo, e para que o saibas, ata se fala de erguerche un monumento”.
Así é o perfil humano e profesional de Marisa Crespo, unha muller que partindo da súa innata modestia no berce de Santrós rematou en excelencia nos foros científicos internacionais.
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Artigo: “Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade””
Artigo: ” Avelino Muleiro. ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.