O IES Chamoso Lamas incentiva o emprendemento co terceiro encontro con profesionais

O IES Manuel Chamoso Lamas celebrou hoxe a III Xornada de Emprendedores no salón de actos do centro.
O obxectivo destas xornadas  é dar a coñecer ao alumnado os recursos que teñen para poder emprender o seu propio negocio e ter de primeira man a experiencia de varios emprendedores que no seu día se lanzaron co seu proxecto propio, como a Cooperativa Loureiro, Sogarpo, Arestora Xestión e Taller Mecánico O Irixo. Tamén estiveron hoxe presentes o Polo de Emprendemento do Carballiño e a Asociación de Jóvenes Empresarios.

O encargado de inaugurar o acto foi o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen destacou as oportunidades que se abrirán co novo viveiro de empresas co novo polígono industrial que será unha realidade nos vindeiros anos.

AVANTAR ACTIVIDADES