O concello de Ribadavia anuncia cortes nocturnos de auga ante a escasez de subministro

IES CHAMOSO LAMAS

Na pasada madrugada, comezaron os cortes de auga pola noite, en horario de 23h a 7h, no concello de Ribadavia. Trátase de cortes nocturnos para poder ter subministro de auga durante o día.

O río Maquiáns sufriu unha importante redución do seu nivel, producindo unha baixada grave do nivel do depósito de Franqueirán. Dende o Concello trasladan á poboación a necesidade dun uso responsable da auga e diante da preocupante situación na que se atopa o deposito de auga, piden á poboación que comece a aforrar no consumo de auga. Piden así a suspensión das operacións de rego e baldeo, así como a prohibición das limpezas de vehículos e a prohibición do consumo de auga das acometidas destinadas a uso agrícola.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Apelan a un consumo responsable por parte da poboación coa fin de non ter que proceder a ampliar as medidas de restrición ao longo do día.