Nota do Bng de Leiro sobre protocolo de covid na volta a escola

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Leiro négase a debater en pleno municipal as medidas levadas a cabo pola Xunta de Galiza para a volta á escola

No pasado mes de Agosto, o BNG presentou no concello de Leiro unha moción sobre o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 no centro de ensino para o curso escolar 2020/21. Entre outros puntos, nesta moción o BNG pedía que o pleno municipal amosase o seu descontento co protocolo COVID19 para o novo curso lectivo  e que se exixise á Xunta de Galiza a elaboración dun financiamento para o plan extraordinario de limpeza e mantemento da escola, para que deste xeito o noso concello non tivese que asumir o sobrecustos que esta situación está a causar. Nesta mesma liña, na propia sesión plenaria de Setembro, o noso portavoz municipal, presentou unha moción de urxencia para que se pedise á Xunta de Galiza o reforzo dun mestre no curso de infantil e así poder desdobrar esa clase, que neste momento conta con 17 alumnos.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

   Diante das demandas do noso grupo, denunciamos que o Sr. Alcalde de Leiro decidiu non incluír no pleno de Setembro a moción presentada en Agosto. Do mesmo xeito, o grupo popular rexeitou o carácter de urxencia da nosa proposta de reforzo de profesorado, impedindo o debate de calquera das nosas iniciativas.

   Desde o noso punto de vista, esta actitude demostra, por un lado, o talante prepotente e pouco dialogante do Sr. Alcalde do noso municipio e, por outro lado, o pouco interese que ten o grupo popular no bo funcionamento da nosa escola pública.

   Desde o BNG apostamos e apostaremos por un ensino público, de calidade e universal. Diante do abandono ao que o Partido Popular ten sometidas ás escolas do rural, sempre defenderemos o dereito a unha educación digna no noso concello. Así o demostramos, levando a problemática da nosa escola ao Parlamento de Galiza, mentres o grupo de goberno co seu alcalde á cabeza se nega a debater estas cuestións no propio pleno do concello.