A Xunta adxudica por preto de 48,3 millóns de euros as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé asinar o contrato a finais de febreiro co obxectivo de iniciar as obras despois. As actuacións terán un prazo de execución de 40 meses.

Estas intervencións prevén tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas actuacións dotarán dunha área pediátrica con 38 camas, haberá dous vestiarios con duchas para pais, un comedor, un salón con xogos, unha Ciberaula con postos de informática, e salas de televisión e lectura. As instalacións tamén albergarán unha área de neonatoloxía, cunha UCI pediátrica, 5 unidades de parto e 2 quirófanos.

Ademais, as intervencións proxectadas posibilitarán a hospitalización obstétrica, con 56 camas; e a convencional, con 280 camas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------