O obradoiro Os Arrieros traballa nas zonas verdes das instalacións públicas en Cea

Ademais de no Obradoiro Vía da Prata, o Concello de San Cristovo de Cea participa no Obradoiro de Emprego Os Arrieros II, que supón unha continuación da iniciativa do mesmo nome que desenvolveu o pasado ano.

Conta con dous módulos formativos, Forestal e Xardíns, e realizaron traballos na contorna das instalacións públicas municipais (Campo de fútbol, Piscinas, Velorio, Pavillón de deportes), ademais de no Miradoiro Paisaxístico do Lodairo, por onde pasan tamén os peregrinos no seu andar a Compostela.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este traballos foron realizados polo Módulo de Xardinería, adicándose os alumnos traballadores do Módulo de Forestal a limpeza e mantemento de diversos camiños públicos espallados por todo o concello.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV