Finalizou o 32º Festival do Teatro Galego ca gala de premios “Dorotea Bárcena”

Publicidade ASPADISI

O evento que comezou este pasado domingo 5, rematou onte martes 7 coa
gala de entrega de premios “Dorotea Bárcena”

Premio mellor MONOLOGUISTA: MARTA DOVIRO con “Memorias dunha rapasa na costa”

HIPER MASIDE

 Premio mellor ACTOR: XURXO CORTÁZAR, por “O Premio”

Premio mellor #ACTRIZ: VICTORIA TEIJEIRO, por “O Premio

Premio mellor #ESPECTÁCULO: “BAILAR AGORA”, de Marta Alonso – Traspediante

PREMIO DE #HONRA 2021: MARTA NÚÑEZ! Por toda a súa brillante carreira como PROGRAMADORA CULTURAL, e especialmente por estes dous estes dous últimos anos de pandemia. Desde 2012, programando ao fronte do auditorio municipal de Vigo.


Moitas das actividades foron balde, agás as representacións nocturnas, no
auditorio municipal, a prezo reducido de 8 euros cada función. Ademais, haberá
un pack especial para as 3 funcións a un prezo reducido de 21 euros. Os
monólogos cómicos custarán 5 euros, e o pack para os tres espectáculos, 12
euros. O bono FETEGA, con acceso a todos os espectáculos, 30 euros.
A gala do martes 7 que pecha o festival cos premios “Dorotea Bárcena”, estivo
conducida por Arantxa Treus, gañadora na edición anterior do premio á mellor
monologuista.
• Eduardo Alonso, Luma Gómez e Miquel Insua, xurado 2021, destacaron a dificultade
de elixir. Miquel Insua agradeceu a Josi e Carlos, directora artística e director e
orgulloso de pasar uns dias no Carballiño vendo a gran saúde da que goza o teatro
galego, de as producións
• Luma Gómez reivindicou o FETEGA como festival de teatro galego, o único que se
chama así en Galicia, e as posibilidades que ten a programación e a oferta cultural
do evento de obradoiros, monólogos e teatro de moi alto nivel do que goza o
festival.
• Eduardo Alonso destacou que sería politicamente incorrecto, e lle chamou a
atención un punto que marca o festival e o seu concepto de público onde pasa a
ser un protagonista principal dos espectáculos, bidireccional e os espectadores
como un elemento fundamental que xa se dan no FETEGA, que marca esta liña,
considerado un acerto marcar o camiño e a partires de agora o protagonista será o
público. Nus anos darémoslle a razón ao FETEGA. Existiu á AGADIC que respalde
contundentemente iniciativas como esta, como elemento fundamental para o
futuro.
• Carlos Ledo, director do FETEGA, realizou una avaliación xeral da 32ª edición avaliou
cuantitativa e cualitativamente o evento, destacando que hai unha recuperación
da asistencia ao teatro con respecto á edición anterior, aínda limitado polas
restricións, recolleuse a luva do informe da cultura galega, que indicaba a
necesidade de programar máis danza, o comportamento do público, paciente
polas medidas de restricións pola COVID que temos que seguir, a nosa intención a
futuro de manter as convocatorias a compañía, coproducións, que xa tiñamos
previsto este ano pero que tivemos que adiar, o convencemento de contar co apoio
institucional da AGADIC que ten que ser o suxeito director das artes escénicas en
Galicia e que agardamos que a colaboración que estivemos tendo se mantela para
o futuro, o agradecemento ao concello do Carballiño sobre todo polo esforzo
orzamentario que do festival, que é un polo de atracción turística e de cultural que
viste ao Carballiño de actividades durante estes días. E, do mesmo xeito á
Deputación de Ourense como apoio económico para impulsar a vila como sede
dun festival de todos os galegos e galegas e sede de Ourensanía.
Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño salientou que o FETEGA é unha
peza fundamental para o Carballiño, para a cultura galega, agradeceu aos voluntarios
e aos compañeiros da cultura que tan mal o están pasando.