Extinguido o incencio en Melón e xa controlado o lume en Cenlle

A Consellería de Medio Rural actualiza a situación dos lumes na nosa contorna. O incendio no concello de Melón, na parroquia de Quins, está xa extinguido dende as 01:34 horas de onte. A superficie estimada é de 75,82 hectáreas de monte raso e na súa extinción traballaron 14 axentes, 25 brigadas, 18 motobombas e unha pala, catro avionetas e tres helicópteros.

O luns tamén se iniciou un incendio no concello de Cenlle, na zona da Pena, que está xa controlado dende pasadas as 22:00 horas de onte, afectando a 62 hectáreas. Nel traballan tres técnicos, 30 axentes, 77 brigadas, 44 motobombas, tres palas, oito avionetas e 9 helicópteros.

AVANTAR ACTIVIDADES