Lois Babarro, o presidente da asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense

“os tempos de crise tamén son tempos de grandes oportunidades”, son palabras de Lois Babarro, o presidente da asociación de xóvenes empresarios de Ourense

Así o afirma Lois Babarro, recentemente reelexido presidente da asociación, quen di que nestes momentos de incertidume económica hai que ter tanta valentía como prudencia pero que hai futuro e que depende do noso compromiso, traballo e capacidade de asumir riscos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Defende a importancia da formación e a filosofía empresarial nos centros educativos e nas universidades. Hoxe María Muleiro entrevistou a Lois Babarro en Acotío, ao remate desde informativo lles ofreceremos a entrevista completa pero lles adiantamos unha iniciativa moi interesante da que falou, a plataforma online de venda de produtos agroalimentarios “Terra by AJE”