Nogueira de Ramuín acolle este sábado a V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón municipal de Luíntra, en Nogueira de Ramuín, acolle este sábado, 15 de abril, a V edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, evento organizado polas Escolas Deportivas de Nogueira de Ramuín co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presentou esta mañá o acto na sala de prensa do Pazo Provincial acompañado polo xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente das Escolas Deportivas de Kickboxing de Nogueira e organizador da proba, Rubén Batán; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o edil de Deportes de Nogueira, Raúl Soto, e o presidente da Federación Galega de Kickboxing, Cipri Gómes. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, explican dende a organización, forma parte do calendario da Federación Galega de Kickboxing e Muaythai e “está considerado como un dos mellores eventos de kickboxing a nivel autonómico e nacional”. Na edición de 2021, o evento contou con 188 deportistas pertencentes a catro comunidades autónomas e a selección portuguesa. Nesta quinta edición súmanse escolas deportivas de toda España. 

A proba disputarase este sábado entre as 08,00 horas -recepción dos equipos- ata as 20,30 horas nas probas de “Point Fighting”, “Lightcontact”, “Kicklight”, “Mockcombat”, “Kickboxing inclusivo”, “Lowkick”, “K1 style”, “Full Contact” e “Muaythai”.