O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da 3ª etapa da xx volta ciclista a Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da 3ª etapa da XX Volta Ciclista a Galicia, que discorrerá o vindeiro 17 de setembro polos concellos ourensáns de Manzaneda, A Pobra de Trives, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e A Veiga.