A matanza do tempo

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


O tempo cobreguea no silencio / polas canles das veas que arraízan / no vento camiñado.

(Antón Tovar,do poema O tempo de Sempre, Calados esconxuros).

AVANTAR ACTIVIDADES
Malia levar no carrelo mil e pico quilos de teoloxía, don Claudio, sempre foi algo apoucado. Hai quen di que carece da necesaria picardía e mesmo da habelencia que un do seu status precisa para tumbar, no lamazal das súas propias artimañas, aos pillabáns que andan decotío á espreita dos “donclaudios” da vida. Mais, iso son decires, porque onde se mide o calibre do apoucamento é diante do mostrador da taberna.
Hoxe, don Claudio, chegou máis cedo da conta ao bar La Estrella. Lola, como de costume, sérvelle a copa de licor sen mediar palabra. Cando o segundo cliente se incorpora á faena, o crego xa vai coa terceira. Non obstante segue de pé, sen tocarlle cunha uña á barra, coa sotana desabrochada e as mans nos petos, adoitando a pose dun artista do Far West, bufando e fabricando frases coxas envoltas en apegadizas poalleiras de cuspe, producidas mercé á indómita teimosía de encomendarlle á lingua faenas máis propias do hisopo de esparexer a auga bendita.
O petulante Molina sempre o trata de tu, atribuíndose unha licenza que nin sequera posúen os familiares máis achegados. En canto atravesa a porta, agárraselle ao pescozo, preguntoulle cando foi a última vez que lavou o gardapó. O reverendo non esquiva a conversa: «Dende que cantei misa, Molina. Así que, se es tan listo como cres, vas ao arquivo diocesano, infórmaste da data e, se sabes restar, non tardarás en atoparlle resposta á túa insolente pregunta».
Dona Margarita, a médica, preséntase en forma de menciña preventiva, aparecendo no bar ataviada cunha vestimenta semellante á de don Claudio. Iso si, era algo máis branca. O cura, sen sabermos a razón, liquidou a conversa sobre a cotra da sotana, como quen mata o rei co cabalo, recibindo á matasáns cun saúdo de cortesía: «Mucho trabajo, doctora?» «Mucho, y desde que no le hacen caso a ustedes, mucho más!», respondeulle a facultativa, pondo cara enferruxada. O cura rebule coa ollada debaixo das mesas, mais non atopa resposta. Entran os da partida. Molina di que son horas de marchar. E vanse.
[O meu tío Lisardo non se cansa de dicir que, se algún día chega a mandar, a súa primeira medida será declarar as tabernas das aldeas establecementos de interese xeral. Boa falta lle fai!]. 

————————————————————————————————–

Outros Artigos de Antón Jardón :

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “