Espazo Común de Piñor ve erros por parte da alcaldía

O grupo político En Común de ve irregularidades no mandato do actual alcalde de Piñor Por terceira vez, nos poucos meses que van deste mandato, o alcalde de Piñor vese na obriga de rectificar as decisións que toma por ser contrarias á legalidade

Según afirma En Común, José Luis González, nomeou tenente alcalde a unha concelleira que non era membro da Xunta de Goberno Local

AVANTAR ACTIVIDADES

“Hai tempo que vimos advertindo que o proceder do alcalde non se axusta á legalidade”

Nada máis tomar posesión do cargo convocou un pleno a toda présa no que, ademais incumprir a súa palabra e subirse o soldo en arredor de dez mil euros, pretendía impedir que os concelleiros de Espazo Común tiveran a representación que lle correspondía nas comisións nformativas municipais.

Ó ser un acordo manifestamente ilegal non lle quedou máis opción ca recuar e repetir o pleno días despois. Dous meses despois, en setembro, tivo que rectificar de novo, e as sesións do pleno pasaron a ser de novo cada dous meses e non cada tres como pretendía el. Xa lle dixeramos no seu momento que a súa proposta vulneraba a Lei reguladora das bases do réxime local. Acudimos ó Valedor do Pobo denunciando este atropelo ás regras democráticas e tras un informe da secretaría municipal, coincidente co que defendiamos dende o grupo municipal de Espazo Común, asistimos a unha nova rectificación. E agora, o pasado 13 de novembro, apareceu publicada no B.O.P. unha nova rectificación; a terceira que se fai pública. A composición da Xunta de Goberno Local e a designación dos tenentes de alcalde era contraria á legalidade, dado que a tenente de alcalde non formaba parte da mesma. Dende espazo Común queremos saber as implicacións que este último “erro” coñecido poden ter no Concello de Piñor e demandaremos as necesarias e pertinentes explicacións no vindeiro pleno.