Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:
O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)
Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”


Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos.

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:
https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.
A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.
A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.
BADAL NOVAS
Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.
A pedimento da veciñanza, esta rúa abriuse a principios do século XX para desconxestionar a rúa Principal ou do Recreo, pola que circulaba todo o tránsito de Barbantiño a Pontevedra.
.png)
.png)

Julio Rodríguez Soto (1880-1931) foi un avogado carballiñés, fillo do notario de Ribadavia José Rodríguez e da mestra de Maside Francisca Soto. Exerceu como alcalde de Maside de 1916 a 1920 e como home de confianza de Calvo Sotelo na comarca. Elixido deputado provincial por Ourense en 1924, converteuse en presidente da Deputación de 1926 a 1929. Coa chegada da II República exiliouse a Portugal e morreu en Lisboa en 1931


COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…

TINTORERÍA “ELEGANTE”
O edificio que ocupaba este solar era propiedade de José Pedrouzo Pinal.


O titular da tintorería era EUGENIO MONTERO SAAVEDRA



PROCURADOR ANTONIO PEDROUZO
O coñecido procurador don ANTONIO PEDROUZO NOVOA trasladou ao primeiro piso do edificio familiar o despacho que antes tiña aberto no número 42 desta avenida.
%20-%20copia.png)
Pedrouzo estaba casado con LUPE SOMOZA, neta de “A Salada” da Carreira.
.png)


PELUQUERÍA “LA GITANA”
As irmás NOVOA, HORTENSIA e LOLA, trasladaron a este número o salón de peiteado que tiñan instalado anteriormente no 46 da mesma rúa, á beira do Derby.


COMERCIO DO CAMILO
Jesusa Valeiras Novoa, viúva de Etelvino Pereira, abriu co nombre “LA MODA” a principios dos anos 30 na ubicación da actual cafetería Nayla na rúa Rosalía de Castro.


O frente do negocio, estiveron en diferentes momentos os seus fillos: José Pereira Valeiras hasta xaneiro de 1936.

Camilo Pereira Valeiras desde xaneiro de 1936 hasta septiembre de 1948

E dende ahí ata o seu peche Luis Pereira Valeiras.


En octubre de 1948, Camilo Pereira Valeiras e a sua esposa María Ferreiro Pérez, abriron o seu propio establecemento, según escritura da que se adxunta extracto

e según publicación do periodico La Región de esa data.


O establecemento situábase na actual rúa María Ana Mougas Fontcuberta esquina con Avda. Julio Rodríguez Soto

Camilo e Maruja rexentaron o comercio co nome “COMERCIO DO CAMILO” ata a súa xubilación



. A partir de entonces, foi o seu fillo Etelvino Pereira Ferreiro o que continuou co negocio familiar ata o seu falecemento en 2012, en que pasou a mans do seu fillo Camilo José Pereira Chanis que sigue o seu frente na actualidade.



PRAZA DE ABASTOS
Os arbitrios pagados polos comerciantes que ocupaban postos na praza de Abastos constituían unha das principais fontes de ingresos para as arcas municipais.
Segundo despréndese das actas municipais que a este servizo refírense, os comerciantes que máis protagonismo tiveron durante o período da nosa crónica pola súa prolongada actividade foron:

PESCADERÍA “GITANO”

CARNICERÍA PUGA FERNÁNDEZ

CHURRERÍA CAÍÑA
Ao seu regreso de Arxentina, FIDEL CAÍÑA LAMAS abre a coñecida churraría da Praza de Abastos. Secúndano a súa esposa FELICIDADE BLANCO GARCÍA e, posteriormente a súa filla NÉLIDA, quen, ao retirarse os seus pais, faise cargo do negocio coa colaboración do seu esposo ANTONIO VALEIRAS PEREIRA.

Nélida e Antonio tiveron dous fillos: Juan e Luis



QUESOS – EMBUTIDOS “GEILÁN”
Atendía o posto de embutidos e queixos, JOSÉ BENITO NOVOA ÁLVAREZ, familiarmente coñecido como “O GEILÁN”.
Secundábao a súa esposa MARÍA DEL CARMEN RODRÍGUEZ BERNÁRDEZ, filla de “Juan Gerona”.
O matrimonio tivo tres fillas: Marisol, Belén e María José
Foi MARÍA JOSÉ a que continuou co posto.
CINE RIVAS
O CINEMA RIVAS foi a última sala de cinema que se inaugurou en Carballiño.

Foron os membros da familia RIVAS, JOSÉ, MANUEL e JOSÉ MARÍA, pai e fillos, os que promoveron a creación deste cinema, cuxas obras se iniciaron en 1960.

Ao propietario concédeselle a cédula de habitabilidade en 1962.


El local contaba con un bar-cafetería regentado por Manolito ABRALDES.


A edificación contaba con todas as comodidades, como a calefacción central.
A ampla sala, comodamente amoblada, estaba equipada cos máis modernos adiantos técnicos da época.

A sala inaugurouse en setembro de 1962 cun programa de luxo

En ausencia dos propietarios, quen xestionaba o negocio era o director do Banco Pastor.



O edificio foi derribado en 1998

CASINO
Ao desaparecer o Centro Recreativo Sporting Club, con sede no primeiro piso encima do café Neira, xorde a necesidade de crear unha nova entidade.
.png)
O proxecto tarda uns anos en realizarse.

Ao crearse a sociedade, o Casino instalouse na planta principal do edificio do Cinema Rivas. O local dispoñía de dúas salas. Unha estaba dedicada a sala de estar, biblioteca e televisión. Na outra se atopaban a sala de xogos, o bar e as oficinas da entidade.
As obras de acondicionamento correron a cargo dos propietarios do edificio, a familia Rivas. O mobiliario e instalacións foron financiados polos socios do propio casino.

CENTRO PAROQUIAL
O primeiro piso do edificio albergaba as instalacións do Centro parroquial.

ULTRAMARINOS ISIDRO
En 1959, ISIDRO GALIÑO SANTAMARÍA solicita o permiso para construír un edificio neste número.
Ao terminar a construción do edificio, ISIDRO traslada a este lugar o establecemento de ultramarinos que tiña na rúa Perfectino Viéitez.
HOTEL CASTRO
Este establecemento era nun principio o tradicional bar e tenda de comestibles, propiedade de BERNARDINO CASTRO VÁZQUEZ.



A súa filla VIRGINIA CASTRO e o seu marido BERNARDINO PÉREZ VALEIRAS convertérono en hotel.
SECCIÓN FEMENINA

COMESTIBLES GARCÍA FERREIRO
Esta tenda de comestibles e bar pertencía a ANTONIO GARCÍA FERREIRO, que tivo tres fillos: Jesús, Domingo e Agustín.



HOTEL ESCLAVO
O propietario da hospedaxe era EDELMIRO GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Dos seus coñecidos fillos: Edelmiro, Antonio e Maruja, foron estes dous últimos os que máis participaron na empresa familiar.


O señor Edelmiro ampliou o negocio en 1961


42 HERRERO FERREIRO
HOTEL – BAR DERBY
Os propietarios do bar Derby, sito no 44 da Avenida, eran HERMESINDO RODRÍGUEZ FIGUEIRIDO e a súa esposa ELISA DES PÉREZ.


Chegado o momento, ampliaron o negocio de hostelería.

O matrimonio adquiriu o edificio e solar contiguo do número 46, no que se atopaba o “Salón de peiteado la Gitana” e edificaron o hotel Derby, sendo a continuadora da empresa a súa filla MARIA DEL CARMEN, casada con José Antonio Álvarez Varela.
CHOCOLATES CAPILÉ
MANUEL LEDO tivo a súa factoría anteriormente no seu domicilio da rúa Mosquera.
%20-%20copia.png)
52 CASTRADOR
PELUQUERÍA FERNANDEZ FERREIRO
O salón de peiteado pertencía a Concepción Fernández Ferreiro.

GARAJE VILLARINO
Garaxe pertencente a EUGENIO VILLARINO GARCÍA.





AGRADECEMENTOS
En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.



BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:
Miguel Anxo Pichi Diz Potiños
Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.
Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel
Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com
Manuel Amil Otero. Decembro de 2022