O estadio do Espiñedo conta dende hoxe cun novo videomarcador

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado de Manuel Pérez, delegado da Xunta para o deporte en Ourense, supervisaron esta mañá as obras de instalación do novo vídeo marcador do Campo de Fútbol Municipal O Espiñedo.

Estivo acompañado pola concelleira de deportes, Silvia Baranda, quen agradeceu a colaboración de todas as administracións na aposta municipal polo deporte, neste caso polo fútbol.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén acudiron esta mañá representantes do C.D. Arenteiro, entre o que destaca o seu presidente, Argimiro Marnotes, quen asegurou que o equipo que lidera fará o posible por seguir dando éxitos, que non serían posible sen unhas instalacións dignas e que merecen seguir medrando.

Ademais, o delegado da Xunta aproveitou esta visita para dar a noraboa ó equipo polos éxitos da pasada noite, debutando na Copa do Rei.