Ribadavia sobe ós 8 casos activos e Cortegada mantén un so contaxio

O Ribeiro conta hoxe con 9 casos activos. Ribadavia presenta o máximo da comarca, subindo un caso activo na xornada de hoxe, para contar con 8 persoas contaxiadas. Cortegada conta hoxe con un caso activo. Avión, que tiña un caso activo dende fai un par de semanas, queda hoxe libre de covid.

Publicidade

Os demais concellos, Beade, Arnoia, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño.