O BNG de Ribadavia pide que se estude a prestación directa do concello do servizo de augas

O mes pasado dende o BNG presentaron unha moción sobre a prestación do servizo municipal de auga, que estaba prorrogada logo de rematar a concesión inicial por 20 anos en 2016. No pleno deste mes de abril celebrado onte, debateuse unha proposta do goberno municipal para ampliar o contrato actual ate o 2027.

O BNG considera que habería que estudar previamente se resulta mellor a prestación directa ou a través dunha empresa, e neste último caso facer un concurso competitivo para obter as mellores propostas para o Concello de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES