O Carballiño sobe dous casos, ata os dez contaxios. Os demais concellos mantéñense estables

Publicidade ASPADISI

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 17 contaxios. O Concello do Carballiño sobe dous casos con respecto a onte, ata os 10 contaxiados.

O Irixo mantén tres persoas contaxiadas igual ca San Cristovo de Cea, que mantén tres positivos. O concello de Beariz, libre de covid ata onte, hoxe mantén un único contaxio.

HIPER MASIDE

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios. Ribadavia mantén 2 contaxiados. Leiro mantén un caso activo, igual ca Cortegada.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, salvo Cenlle, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.