O Carballiño baixa catro casos para contar hoxe con 101 casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 156 contaxiados.

Publicidade

O Carballiño ten 101 casos activos ( 4 casos menos).  Beariz ten 11 casos activos (1 menos); Boborás ten 19 casos activos ( 1 casos menos ca onte ); O Irixo mantén 3 casos activos, Maside mantén 11 casos activos, Piñor mantén 4 casos activos, Punxín mantén 2 casos activos, San Amaro mantén 3 casos activos e Cea ten 3 casos activos.