O concello de Piñor programa varias actividades para o Día contra a Violencia de Xénero

O Concello de Piñor informa da programación de actividades que levarán a cabo con motivo do vindeiro 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Por un lado, un xogo de mesa dos Bolechas personalizado sobre o concello, que ademais trata temas vinculados á igualdade de xénero. A presentación oficial terá lugar o domingo 21 de novembro, previamente ó contacontos, ás 12:30h, facéndose entrega dun exemplar a cada asistente.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, por outra banda, un taller para a mocidade chamado “A violencia de xénero no novo contexto dixital”. A iniciativa está destinada a mozos/as de entre 10 a 17 anos, e nela se aportará formación e estratexias para previr as novas formas de violencia vinculadas ás redes e ás novas tecnoloxías (como o grooming). Será o venres 3 de decembro ás 18h no Centro Social de Piñor, e é precisa inscrición previa nos Servizos Sociais.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV