O concello de Avión creará unha bolsa de emprego para a que busca candidatos

O concello de Avión publicou hoxe a través do Boletín Oficial da Provincia de Ourense, unha convocatoria para a selección do persoal municipal para completar o cadro municipal. A súa contratación contará con presuposto orzamentario a cargo da subvención da Deputación ao abeiro do seu Programa de empregabilidade, así como para formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións.

Os postos que se busca cubrir serán 3 peóns/peoas, cun contrato que terá a duración de 5 meses e 15 días. A modalidade de contratación será un contrato laboral de duración
determinada por circunstancias da produción.

AVANTAR ACTIVIDADES

O sistema de selección será mediante a valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días hábiles contados dende o seguinte aoda publicación deste anuncio no BOP.

O texto completo destas bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello de Avión.