Manuel Herminio: “Cara unha sociedade multirracial”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Cando este artigo vexa a luz estaremos celebrando un acto social moi arraigado nesta provincia: o Magosto. Nesta festa a socialización e nas conversas onde, ademais de divertirse, fálase  de todo, hoxe propoño que lle demos unha volta ó camiño que leva esta nosa sociedade e á convivencia que xa temos cos emigrantes, moitos deles doutras razas e crenzas relixiosas. Esa realidade lévanos a falar se camiñamos cara unha sociedade aberta, multirracial e cultural.

O termo aldea global empregado para nomear ó  planeta no que vivimos cada día está máis estendido. A sociedade na súa totalidade  entende que na terra hai un conxunto de espazos xeográficos  que nunca viviron independentes entre si,  pois todos os lugares dalgunha maneira dende a antigüidade  tiveron relacións comerciais. Isto lévanos a entender que o comercio, en certa mediada, foi  a forza que moveu o mundo. Mais esta realidade estase acelerando  coa chamada globalización.

Deseñamos nun país, fabricamos noutro e vendemos en diversos lugares. Polo que lembremos:  Primeiro globalizáronse  as comunicacións, logo a economía e agora tócalle a outros espazos da vida social e laboral. Con todo, escoito a grupos políticos ultras que predican o odio ó diferente culpándo de todos  os  os males que temos como estado, s emigrantes. E iso faise case sempre cargando contra os negros ou africanos. As demais razas xa reciben un trato diferente. Outro termo que empregan estes grupos está relacionado coa chamada economía autárquica.

Dado que din que, poño por caso: España soamente para os españois. Ou que nada ten que vir doutros lugares tanto produtos como persoas. Ampliando o concepto detrás de estas afirmacións  agóchase a ideoloxía do poder chamado branco sobre as demais razas. Estes e outros conceptos sociais e relixiosos son os que aparecen no abano de propostas deses grupos que, a día de hoxe, comezan a campar  na vella Europa  e en moitas cidades desta península. Supoño que moitos dos que se deixan levar por esta xente descoñecen que, na mesma península ibérica, a mesturanza de razas e credos que houbo a través dos séculos foi moi importante. Polo que non somos herdeiros dunha única raza pura.

Nin podemos falar de raza como se falaba no franquismo. Somo a mesturanza de anos de  cruces e convivencia; de loitas e de evolucións incluso relixiosas. Mais nos tempos que corren debido á tecnoloxía das comunicacións hoxe todo está relacionado. E non queda outra que pechar o círculo  na parte social nesta aldea global. Polo que camiñamos, queirámolo ou non, cara sociedades multirraciais e culturais e incluso relixiosas.

A día de hoxe, está comprobado que ó falar de economía, calquera acontecemento que afecte a un produto que se considera esencial pra mover o mundo  como hoxe é o caso do petróleo, repercute en todas as economías e como consecuencia  na carteira dos cidadáns, si de todos nós. Pois ben, se iso é así, non queda outra que comezar a entender que camiñamos ata unha sociedade diferente á que temos a día de hoxe. E todos eses predicadores das razas puras terán que aceptar que camiñan errados. Pois a realidade  obriga e vai por outros vieiros.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Unha nova inquisición”

Manuel Herminio: “A lei do oeste”

Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------