Manuel Herminio: “A lei do oeste”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Moitas cousas que acontecen no pais das barras e as estrelas avívame a memoria e lémbranme  cousas do pasado. Polo que as películas de vaqueiros e indios que se proxectaban   nos   cines antano e os aforcamentos  chegan de novo a miña retina, estaba en vigor a lei do máis forte. Corrían os anos sesenta do século pasado e  esas cintas eran moi frecuentes nos cines ourensás. Polo que, despois do obrigado Nodo no que sempre saía do ditador inaugurando algo e despois  dos anuncios de publicidade, comezaba a sesión. Eran películas que debuxaban un tempo no que os brancos andaban a tiros cos nomeados salvaxes.

Era unha loita contra os indios daquelas tribos. Na memoria os Apaches, os Siux e os Chellemes e o trato que se lle daba aquela xente. Pois ben, pasaron moitos anos e, de novo, unha parte moi importante da poboación dos EE.UU. parece que segue a vivir nos tempos da xustiza  contundente e salvaxe. Volven as execucións  públicas retransmitidas na tele. Hai uns días a unha muller que a condenaron a morte e que a súa execución resultou fallida,  parece que a executarán de novo. Eu sempre entendín que cando pasaba un caso como o comentado,   ó reo conmutábaselle a pena pola de cadea perpetua. Mais  nada me estraña do que acontece nun pais onde a pena de morte segue vixente en  moitos  estados.

Cada día que pasa, imos coñecendo máis detalles de como é a vida nos EE.UU. E o que imos vendo resulta chocante con todo aquelo que nos contaron dese país onde as liberdades seica eran un modelo a seguir no mundo. Máis a realidade amosa moitos puntos escuros que sinalan o contrario. E iso deberíanos levar a valorar máis o que temos no noso Estado. A día de hoxe sabemos que os membros do ICE deteñen a xente emigrante sen máis miramentos, sabemos  que o uso da forza é o seu principal argumento; sabemos que andan á caza da xente polo seu aspecto. Primeiro detéñente, se antes  non che  disparan e te firen ou matan, e despois preguntan.

Casos recentes está ben á vista. Un país onde a sanidade é totalmente privada, e se non tes un seguro importante, morres sen que te atenda ninguén ás portas dun hospital. Un país que aínda arrastra costumes dos tempos da conquista do oeste onde se anda coas armas no cinto é se pode acadar unha ó abrir unha conta nun banco. Un país onde estudar na universidade costa un ril. E podería seguir. Hai uns día un comentarista falaba da carestía da vida e da vivenda dando uns prezos moi elevados e dicía que, os soldos  levaban cinco anos, se seren actualizados. Ese é o modelo que queremos para a nosa terra? Esa é a forma de vida que ollamos con admiración?  Ás veces é preciso que, no canto de sermos tan críticos co que temos no noso Estado, deberíamos valorar  e defender máis ó noso modelo de vida. Que temos problemas e grandes, claro. 

Corren tempos nos que se din moitas cousas desacertadas e sen ter a información precisa. Dise que nos colonizamos o que se chama o novo mundo. Colonizar non é a palabra que mais exacta. Nós levamos ó novo mundo unha maneira distinta de vida e deixouse pegada creando universidades, Igrexas e cidades.  Pode que houbera excesos, sempre pasan cousas.  Pero os  que colonizaron  e arrasaron con todo sempre foron os Ianquis. Si, eles  arrasaron con todas as culturas por onde pisaron matando ós indíxenas, e creando guerras en todo o mundo. Pode que  esa sexa a maneira de manter un grande exército.  Ben sei que non todos os estadounidenses  son  así, máis nunha importante parte  considéranse supremacistas e desa maneira actúan diante o mundo. E se non fora así non elixirían a un presidente, un ególatra e un narciso que pensa que a súa raza é superior as demais. 

En fin, aínda que sexa triste, en moitas partes dos EE.UU. parece que están a vivir na lei do oeste. Apoiar á masacre dos palestinos polos israelitas,  vivir fora dos organismos mundiais  como: a carta dos dereitos humanos e a xustiza universal xunto cos rusos, chinos e israelitas  non falan ben de ninguén e menos dos ianquis. Televisar a execución dunha persoa non é máis ca unha mostra de crueldade e de fracaso dunha sociedade violenta. Dunha sociedade que quere meterlle medo ós cidadáns.  Por iso, e moitas cousas máis, ese inmenso pais non debera ser o modelo no mundo a seguir.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------