Espazo Común pide máis persoal para o Grupo Municipal de Emerxencias

Local de protección civil carballiño 19-5-14
IES CHAMOSO LAMAS

O goberno municipal anunciou a drástica reducción das quendas operativas do Grupo Municipal de Emerxencias, que ata agora era permanente, 7 días á semana, 24 horas ao día. Neste momento, os veciños do Carballiño só contan con este servizo en horario de mañá, quedando tardes e noites descubertas ante calquer necesidade. Afirman que non é precisamente a mellor coxuntura para prescindir de efectivos moi necesarios para a protección da cidadanía e a loita contra o virus.

PUBLICIDADE

OZOCOgz Deseño Galego

Recalcan que os membros deste departamento efectuan infinidade de tarefas ao longo do ano, como apoio en accidentes ou incendios, na loita contra a velutina, na desinfección de espazos públicos, no rescate de animais abandonados, en desbroces preventivos, en actuación en inundacións, rescates, acompañamento á Policía Local.

No ano 2018 consolidaronse na RPT doce prazas para Emerxencias das que, a día de hoxe, dous anos despois, xa só quedan cubertas 8.