Argimiro e Sotelo falan do Arenteiro

O Estadio Municipal do Espiñedo acolleu onte a tarde unha Asamblea Extraordinaria para a formación da súa nova directiva. Argimiro Marnotes alzouse como o novo presidente do club deportivo, cunha xunta directiva aínda por designar.

Publicidade

VIDEO

Manuel Sotelo, vicepresidente do club deportivo Arenteiro durante sete anos, cerra unha etapa na que conseguiron levantar ó equipo dende Primeira Autonómica, a piques de desaparecer,  ata onde está agora, en Terceira División. Amosou o seu dobre sentimento, de ledicia por deixar o club nas mans de Argimiro Marnotes, e de tristeza por poñer fin a esta etapa para el.

Argimiro Marnotes amosou o seu interese por dar este paso nos últimos días e a pena que suporía para todo o pobo deixar que o Arenteiro quedase sen niguén que o liderase.