O Carballiño segue ca tendencia á alza, subindo cinco contaxios ata os 81 casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 94 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 5 contaxios, ata os 81 casos activos. Maside mantén os 8 contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos. O Irixo, Piñor e San Amaro presentan un caso cada un deles.

No Ribeiro, Ribadavia baixa un caso ata os 20 casos activos, Arnoia baixa un contaxio ata os 6 casos, Melón sobe un ata os 7 contaxios, Carballeda de Avia mantén 4 casos, Cenlle mantén 3 casos igual ca Leiro; Beade e Cortegada soben ós dous casos cada un deles e Avión e Castrelo de Miño contan cun caso cada un. Todos os concellos presentan casos.

HIPER MASIDE

A comunidade galega rexistra hoxe 706 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa notablemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 5.973, máis de 400 nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 30 (+3) están en UCI e 139 (+11) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 163 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.572 casos activos, 112 casos máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 47 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=)  na UCI.