O BNG interésase polas dúbidas xurdidas en torno ao cobro indebido de licenzas de vado en varias rúas da cidade

IES CHAMOSO LAMAS

Desde a formación nacionalistas anuncian que veñen de solicitar informes técnicos que avalen a legalidade ou non, da actuación municipal

Ante as últimas informacións xurdidas nos medios de comunicación nos últimos días, e referidas ao cobro indebido, ou non, de taxas por licenzas de vado en rúas da cidade pero de titularidade distinta ao concello, o BNG ven de solicitar a diversos departamentos municipais, nomeadamente, a Oficina de Xestión Económica e Orzamentaria, á Asesoría Xurídica e ao departamento de Intervención, informes que avalen a legalidade, ou non, da actuación do Concello de Ourense en relación con ditos cobros.

HIPER MASIDE