Unha trintena de pequenos empresarios, autónomos e artesáns uníronse ó proxecto Marca O Irixo, impulsado polo concello e que ten como obxectivo impulsar a economía local. Nos próximos días, a plataforma que sustenta este proxecto estará en marcha. Trátase dunha tenda online na que se recollen os principais produtos da zona, coma o pan, a carne, a artesanía, os lácteos. A campaña deste ano está centrada principalmente na castaña, para a que realizaron un traballo de colecta e coidado para o seu consumo e para convertela en fariña. Para elo tamén puxeron un prezo adaptado, no que pagaban o quilo de produto a 1,20 euros.

Os clientes teñen a opción de decantarse por lotes ou por produtos concretos, facendo a compra de xeito dixital. Polo de agora, adiantan que poderanse adquirir lotes de Nadal 100% O Irixo, e que ademais poderán personalizarse con nome e recibirse na dirección elixida. Os interesados en obter máis información poden facelo no enderezo hola@tendaoirixo.es