A Xunta reforza a coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria para a tempada de alto risco de incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, estableceu, na última reunión do Comité de Coordinación Policial Antiincendios, unha distribución dos diferentes efectivos sobre o territorio, prestando especial atención a aquelas áreas con maior incidencia de incendios.

Publicidade

VIDEO


Así, o que se fai a través deste comité é un seguimento, planificación e reforzo da coordinación das diferentes accións promovidas pola Consellería do Medio Rural e as diversas forzas e corpos de seguridade do Estado (fundamentalmente Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil) para loitar contra a actividade delituosa incendiaria, especialmente nas zonas con lumes recorrentes.
Tomás Fernández-Couto insistiu na importancia da colaboración cidadá e lembrou o teléfono 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.