A Xunta comeza o peche progresivo dos grandes espazos de vacinación

A Xunta de Galicia inicia o peche progresivo dos grandes centros de vacinación, tras un ano vacinando á poboación galega contra a covid-19 nestes espazos. A partir de hoxe, a administración das vacinas realizarase nos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde.

Non obstante, non se retirará polo momento o mobiliario dos grandes locais ante a posibilidade de que a Consellería de Sanidade dea luz verde para administrar unha terceira dose á poboación de entre 12 e 18 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación cunha pauta completa, con preto do 95% da poboación, máis de tres puntos e medio por encima da medida nacional.