O carballiñes Carlos Varela no acto que celebra o 35 aniversario da primeira sentenza ditada en Lingua Galega ( marzo de 1985 )

Tivo lugar o venres no exterior da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Conmemorouse o feito de que fai 35 anos houbo a primeira sentenza en galego. Os maxistrados da Audiencia Territorial que a ditaron : D Ricardo Leirós, D Claudio Movilla e D Gonzalo de la Huerga.

No acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa, interviñeron tamén a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o presidente do Tribunal Superior Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; a xefa da Avogacía do Estado en Galicia, Consuelo Castro; e o fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela; o presidente da Irmandade Xurídica Galega Xaquín Monteagudo, e o avogado da mesma organización, Xoán Antón Pérez Lema

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Aínda que a porcentaxe de sentencias en galego sigue a ser baixa ( un 5% aproximadamente ) aquel feito foi importante para que a nosa lingua estuvese presente no mundo da xudicatura.

O noso veciño Carlos Varela que foi Fiscal Superior de Xustiza de Galicia durante 10 anos ten unha ampla traxectoria profesional no mundo da xudicatura e noutros ámbitos. O seu idioma de referencia sempre foi o galego. Xa na súa toma de posesión como Fiscal Superior de Galicia foi a lingua que empleou. El fixo que outros maxistrados tomaran exemplo. Forma parte da Irmandade Xuridica Galega

Traemos o ártigo publicado no xornal dixital ” La Opinión ” por Xosé González Martínez Secretario da Irmandade Xuridica Galega

Tal e como se pode ver na web da Irmandade

”  A Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) quere ser a continuadora dunha tradición de xuristas partidarios do uso da lingua galega na actividade xudicial. Sebastián Martínez Risco, Roberto González Pastoriza, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade, Lois Peña Novo, Arturo Noguerol… forman parte dunha numerosa  nómina de funcionarios xudiciais e avogados que quixeron restablecer o uso da lingua galega nas instancias xudiciais, continuando cunha tradición interrompida durante séculos; Arela fanada por mor da sublevación militar do ano 1936, que cortou de raíz aquela aspiración. 

Sen embargo, resultado do seu maxisterio é o número cada vez maior de xuíces, maxistrados e secretarios xudiciais, que co inestimable apoio doutros funcionarios, devolvéronlle á lingua galega o prestixio co seu uso nos procedementos. Merecen especial mención pola súa vocación galeguizadora os maxistrados falecidos Daniel García Ramos, Orencio Pérez González e Xosé Luís Albés López. A carón deles estiveron incentivando este proceso normalizador desde a decada dos oitenta os maxistrados Xosé Xoán Barreiro Prado, Fernando Leiceaga Fernández, Luciano Varela Castro, e os fiscais Benito Montero Prego, Xoán Horro González e Carlos Varela García.

O seu exemplo foi secundado posteriormente por unha ampla nómina de xuíces, maxistrados e fiscais.  O 21 de xuño 2008 celebrouse no mosteiro de Celanova a constitución da Irmandade Xurídica Galega, que aglutina, amais de persoal xudicial a outros profesionais do Dereito, dispostos a dinamizaren a actividade xudicial. Nun acto cheo de formalidades e ritos foron investidos coa toga da Irmandade Xurídica Galega vintedous xuristas (maxistrados, xuices, fiscais e avogados) e cinco funcionarios e funcionarias xudiciais aos que se lle impuso a medalla da Irmandade. “