A Xunta renovará a escola infantil da Farixa cun investimento de 34.000 euros

As reformas centraranse na renovación do patio exterior, no que se substituirá o chan actual por placas de caucho de máis calidade

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia investirá 34.000 euros para realizas obras de mellora na escola infantil pública A Farixa de Ourense. Fíxoo durante unha visita acompañado do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, ao centro de titularidade autonómica que conta con 80 prazas divididas en cinco aulas de 0 a 3 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Jacobo Rey explicou que as reformas se levarán a cabo neste mes de agosto aproveitando que o centro permanecerá pechado por vacacións. As obras consistirán na renovación do patio exterior, no que se substituirá o chan actual por placas de caucho de máis calidade.

Durante a visita o director xeral destacou o compromiso que ten o Goberno galego con este tipo de iniciativas para mellorar a estadía das pequenas e pequenos de cara o vindeiro curso 2021-2022. Neste sentido, aproveitou para recoñecer o labor dos profesionais das escolas infantís durante este ano por conseguir que o 99% dos centros permaneceran abertos e lograr garantir un servizo indispensable para a conciliación familiar.