A Escola de Fútbol Arenteiro comezará os entrenamentos o próximo 1 de outubro, seguindo os protocolos establecidos para evitar contaxios polo coronavirus.

“O futuro está aquí. Camiña con nós” é o lema da escola para esta nova tempada 2020/21, que ten por obxectivo promover a práctica deportiva do fútbol entre a mocidade nacida entre os anos 2002 e 2014. 

No tocante á competición estase á espera do que establezan a Federación de Fútbol e o Consello Superior de Deportes.