Deputación e Pereiro de Aguiar homenaxean o 250º aniversario do nacemento de Cachamuíña

Presentación dos actos de celebración do 250 aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle "Coronel Cachamuiña" (Pereiro de Aguiar, Ourense 1771-1848). Acto no que participan Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) e Luis Menor Pérez (Alcalde do concello de Pereiro de Aguiar).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, presentaron hoxe o cartel e o avance de actividades conmemorativas do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña, figura clave na Reconquista de Vigo en 1809, durante a Guerra da Independencia Española. Nado en 1771 no pobo que lle da o seu alcume e falecido no mesmo lugar en 1848, Cachamuíña é un dos fillos ilustres do municipio de Pereiro de Aguiar, xunto co Padre Feijoo e Ben Cho Shey. 

Ao cumprirse en 2021 a efeméride do seu nacemento, a Deputación de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar colaboran para programar unha serie de actividades que arrancarán o vindeiro martes, 23 de marzo, na casa natal de Cachamuíña, onde se descubrirá unha placa conmemorativa e se darán a coñecer as actividades: roteiros teatralizados, conferencias e visitas a lugares de interese, que terán lugar ao longo do ano.   

FESTAS EN RIBADAVIA

“Pór en valor ao coronel Cachamuíña é destacar unha parte importante da historia de Ourense e a un persoeiro que foi clave para o devir dunha cidade como Vigo e, por extensión, de toda Galicia”, afirma Manuel Baltar. Na mesma liña, Luis Menor destaca “o orgullo de ter no noso concello a un fillo tan ilustre, que merece todo o noso recoñecemento pola pegada que deixou na historia”. 

PUBLICIDADE