Ribadavia mantén o bo ritmo de baixada con 10 casos de Covid. Castrelo preocupa con 16 positivos

IES CHAMOSO LAMAS

No Ribeiro, Ribadavia segue baixando de xeito paulatino. Hoxe hai 10 casos activos na capital da comarca. Avión mantén cinco casos activos, Carballeda de Avia tres contaxiados e Leiro outros tres; Cortegada conta cun só caso positivo.

Castrelo de Miño suma esta fin de semana un caso, para un total de 16, e é o concello que mais preocupa nesa comarca. Neste caso atópanse contaxiados case a totalidade dos residentes da vivenda comunitaria do concello, ademais dos traballadores. Dende a formación piden ó concello explicacións de se seguiron todos os protocolos sanitarios e ademais farán estas preguntas tamén no Parlamento Galego.

HIPER MASIDE