O Concello de Piñor conta desde hoxe co servizo dun caixeiro automático nas dependencias municipais.
En Piñor non hai oficinas bancarias, polo que os seus habitantes teñen que desprazarse a outros concellos para realizar operacións financieiras ou sacar diñeiro.
Por este motivo, o Concello de Piñor asinou un convenio coa Consellería de Facenda co fin de que os veciños e veciñas poidan dispoñer de efectivo e realizar as xestións máis habituais sen ter que desprazarse a outro termo municipal, favorecendo deste xeito a súa inclusión financieira.
Deste xeito, ABANCA instalou o caixeiro nas dependencias municipais e nos vindeiros días terá lugar unha sesión de formación para todos os veciños.
O acto de inauguración asistiron Don Mateo Alonso San Román, Coordinador Institucional de Abanca de Ourense, Don Alberto Pérez Manso, Director da Oficina de Abanca de Cea e o Alcalde do Concello de Piñor, Don José Luís González Rodríguez.