Recordamos que hoxe é o último día para solicitar o voto por correo para as próximas eleccións autonómicas do 12 de xullo

Todos aqueles galegos que queiran solicitar o voto por correo teñen ata axornada de mañá para facelo en calquera das oficinas de correos de toda a comunidade. Esta alternativa está dispoñible para todos aqueles residentes que prefiran optar por esta modalidade, os residentes fóra de Galicia e tamén todos aqueles que residan no exterior pero que actualmente se atopen na comunidade. Neste último caso é moi importante que na solicitude marquen que residen no exterior pero hai que indicar o domicilio actual en España para que lle remitan a documentación coas papeletas coas que deberá votar por correo antes das 14h do 10 de xullo.