Peche da campaña “Ourense sobre rODaS”, que achegou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a concellos e centros de educación da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A iniciativa contou cun investimento total de 183.172,46 €, dos cales 159.135,88 € están financiados polo Ministerio de Dereitos sociais e A2030, a través da candidatura presentada pola Deputación de Ourense e aprobada en maio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O venres, no CEIP Padre Feijoo de Allariz, terá lugar a última visita a centros educativos da provincia; e o 5 de novembro, está prevista a celebración do evento final do proxecto, que terá lugar no salón de plenos do Pazo Provincial e ao que estarán convidados todos os alcaldes e técnicos implicados no OU DS A2030

Ourense, 24 de outubro de 2024.

Na mañá de hoxe, a capital ourensá foi escenario do fin da campaña de comunicación e difusión do OU DS A2030, proxecto impulsado pola institución provincial para lograr a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en entidades locais da provincia. A iniciativa contou cun investimento total de 183.172,46 €, dos cales 159.135,88 € están financiados polo Ministerio de Dereitos sociais e A2030, a través da candidatura presentada pola Deputación de Ourense e aprobada en maio.

“Ourense sobre rODaS” deu a coñecer o proxecto e os 17 ODS nun expositor situado na rúa do Paseo. Neste espazo, convidábase á poboación ourensá a reflexionar sobre o papel que todos xogamos na sustentabilidade local. Os principais impulsores técnicos e políticos do proxecto visitaron a caseta, entre eles o deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, que destacou “o esforzo que supuxo este proxecto para a institución provincial, executado nun tempo récord, e co que se visitaron 12 concellos e 18 centros educativos en setembro e outubro”. Lembrou tamén que nos meses previos, traballouse internamente e en cooperación con 27 concellos para a realización das Axendas 2030.

O venres, no CEIP Padre Feijoo de Allariz, terá lugar a última visita a centros educativos da provincia; e o 5 de novembro, está prevista a celebración do evento final do proxecto, que terá lugar no salón de plenos do Pazo Provincial e ao que estarán convidados todos os alcaldes e técnicos implicados no OU DS A2030.