O Carballiño e comarca celebrarán a terceira Ruta Povalero, con grandes premios

O concello presentou a terceira edición da Ruta Povarelo tanto no Carballiño coma nos concellos da comarca. O evento dará  comezo o día 14 ata o 27 de xullo con 62 locais participantes.

Este ano, ademais de contar con máis locais, tamén amplían os premios por participar. O premio grande serán dúas estancias no Hotel A Toxa, invitacións para o París Dakar de Sanxenxo, e tamén estoxos de produtos Povarelo. Os hostaleiros serán os encargados de, con cada vermut, ofrecer a papeleta para cubrir cos datos e participar no sorteo. Dende a empresa organizadora, Destilerías Panigua, agradecen a colaboración dos hostaleiros e do concello co evento.

AVANTAR ACTIVIDADES

No acto estivo presente o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, quen amosou a colaboración e apoio do concello neste tipo de iniciativas, e ademais da man dunha empresa senlleira do Carballiño.