O Carballiño baixa un caso ata os 29 casos activos. Catro concellos están libres de covid

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 40 (=) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 29 casos activos, un menos ca onte. Boborás mantén os seis positivos dende o pasado xoves. San Cristovo de Cea e Piñor contan con dous casos activos cada un, subindo as súas cifras. Punxín mantén un caso activo. Maside, que tiña un caso activo, queda hoxe libre de covid. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.

Publicidade